mércores, 15 de abril de 2009

Mes de abril, mes dos libros

OLA BIBLIOCOLEGAS:




Xa estamos en abril, ¡ben din que augas mil!, e axiña chegará o día do libro, que como recordarás celebramos todos os anos o 23.
E isto xa está que ferve. Bota unha ollada e verás que semana nos agarda. Estaba pensando en tomarme a semana de lecer, ben sabedes o pouco que me gustan os rebumbios, pero decidín non fuxir e, a agochadiño coma sempre, non perderme nen ripia. Ademáis sempre esta Codrila que me mantén ao tanto. ¡QUEIRA OU NON!
Le atentamente e participa nas actividades do 20 a0 24 de abril.
  • Lembrádesvos de Contarte, que ben o pasástedes, pois agora é momento de ver as vosas obras de arte, non esquezas de poñer o nome do artista e o título.
  • Lembra que se traes unha flor, natural ou non, no lugar de un libro poderás levar dous.
  • Seguro que a estas alturas do curso xa serás quen de falarnos dos teus favoritos da recén estreada "HORA DE LER", ou algún outro que caiu nas túas mans dende o cole ou dende a casa ou dende algures, BEN. Queremos construír o ANDEL DOS FAVORITOS. Podemos expor o libro ou fotocopiar a portada sen máis, por se non o remataches ou o queres coidar.
Ademáis:
  • As MOCHIMALETAS comenzarán a súa andaina neste mes de abril. Este ano estreámolas no primeiro ciclo de Primaria.
  • Disfrutaremos con poesías, contos, trabalinguas,... realizadas por vós.
  • Coñeceremos un pouco máis a Isaac Álbéniz e a súa música. Seguro que a estas alturas xa sabedes que foi un músico español moi recoñecido en todo o mundo e do que se celebra un século... !100 ANOS¡ do seu pasamento.
  • Faremos o biblioxogo: O ROSCROCAIO. Vós adiantamos que o Roscrocaio é un xogo, con características similares ao famoso "Pasapalabra", elaborado por alumnos e alumnas de sexto de educación primaria, e os xogadores serán de cuarto de educación primaria: que formarán dous equipos, que contarán con axudantes, axudaCrodilas. Este alumnado de cuarto, terá que demostrar dominio de vocabulario, búsqueda de datos nos libros,...
COMO XA VOLO DICÍA, EMPEZA O QUECEMENTO, CARGADE AS BATERÍAS QUE PARA SEMANA TODA ESTARÁ QUE FERVE.
UN SAÚDO LECTOATENTO
Crocaio ............ e Crodila

Ningún comentario: