mércores, 15 de abril de 2009

Contarte




OLA BIBLIOCOLEGAS:



Estamos eiquí de novo, xa nos enteramos que CONTARTE consistitu nunha campaña de animáción á lectura, grazas a colaboración do Concello de Vigo e OQO Editora. No que o arte estaba presente e tamén fixeron a narración de Soños de teteira con arte.
A actividade constou de dous obradoiros.
Obradoiro SOÑOS DE TETEIRA. Xogando co Surrealismo, para alumnos de primeiro, ata terceiro de educación primaria.




Con esta actividade todos disfrutamos coa narración de Raquel, que fixo participar a todos, xogando coa transformación de obxectos cotiás: espertador, zapatillas, tixola,...

O segundo obradoiro RETRATARTE. Plástica creativa.

Compartir o gusto pola pintura cos máis cativos, abrir xanelas cara á arte, romper as barreiras e afrontar un retrato clásico cos máis pequenos... son algúns dos obxectivos que presenta este libro, co que OQO Editora se achega ao mundo da arte, en concreto á pintura, nesta primeira entrega da nova colección OQart.


"Gran libro dos retratos de animais" foi concibido por Svjetlan Junakovic e OQO Editora para testemuñar que, ao longo da historia, os animais, vestidos coas súas mellores prendas, posaron para os máis considerados retratistas.Lonxe dos manuais de historia da arte convencionais, a verosimilitude dos retratados e as explicacións aportadas aos cadros que o ilustrador croata presenta neste libro, xogan cunha base histórica, respectada até o detalle, na que os animais fanse os verdadeiros protagonistas. As explicacións que acompañan á obra, ofrecen información sobre a época, o contexto, o artista, o animal retratado... que serán pistas clave para quen desexe afondar no coñecemento dos cadros orixinais, punto de inspiración e partida dos retratos.


Tivemos ocasión de disfrutar cunha proposta musical e unha animación audivisual no que os cadros orixinais vanse transformando nestes retratos de animais. Algo realmente abraiante! Observamos determinadas características de cadros e participamos activamente na realización dun retrato na que a consigna era que o rostro e o resto do corpo se correspondera cun animal como fixera Svjetlan Junakovic.


Podedes disfrutar das fotos destas actividades http://eduardopondalvigo.blogspot.com/


Crodila e máis eu, tivemos unha idea xenial, como observamos os comezos destras obras de arte, otorgaremos un punto máis a aqueles que expoñan a súa obra, na vindeira semana: do 20 ata o 24 de abril.



Un saúdo lector





Ningún comentario: