luns, 18 de maio de 2009

Letras Galegas 2.009

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 20 de marzo de 1963, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega" porque naquel ano celebrábase o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro, libro emblemático que deu prestixio a nosa lingua.


Ata o de agora foron homenaxeados no dia das letras galegas:

1963 Rosalía de Castro
1964 Castelao
1965 Eduardo Pondal
1966 Francisco Añon Paz
1967 Manuel Curros Enríquez
1968 F. López Cuevillas
1969 Antonio Noriega Varela
1970 M. Valladares Núñez
1971 Gonzalo López Abente
1972 Valentín Lamas Carvajal
1973 Manuel Lago González
1974 X. V. Viqueira Cortón
1975 X. Manuel Pintos Villar
1976 Ramón Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 Antonio López Ferreiro
1979 Manuel Antonio
1980 Alfonso X, O Sabio
1981 Vicente Risco
1982 Luis Amado Carballo
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1984 A. Cotarelo Valledor
1985 Antón Losada Diéguez
1986 Aqullino Iglesia Alvariño
1987 Francisca H. Garrido
1988 Ramón Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luís Pimentel
1991 Álvaro Cunqueiro
1992 Fermín Bouza-Brey
1993 Eduardo Blanco-Amor
1994 Luís Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Anxel Fole
1998 Martin Codax
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez
2002 Frei Matín Sarmiento
2003 Antón Avilés Taramancos
2004 Xaquín Lorenzo Fernández
2005 Xesús Lorenzo Varela V.
2006 Manuel Lugris
2007 María Mariño
2008 Xosé Mª Álvarez Blázquez
2009 Ramón Piñeiro López


LETRAS GALEGAS 2.009



A Real Academia Galega adícalle o Día das Letras Galegas do ano 2009 a D. Ramón Piñeiro López polo seu activismo cultural e a súa loita pola cultura e o idioma galego.
Ensaista, cofundador da editorial Galaxia, primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, liderou o pensamento galeguista da posguerra, tamén foi Deputado no Parlamento Galego. Os seus traballos sobre filosofía e pensamento contribuiron decisivamente á normalización do galego como lingua apta para expresarse en todos os ámbitos do saber.


D. RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ foi o home que liderou o galeguismo na segunda metade do século XX.

Unha das súas actividades favoritas, dende moi pequeno era a lectura, como reflexan estes comentarios:


“Eu de pequeno, quería ter tantos libros como estrelas hai nunha galaxia”


“Naqueles catro anos que residín en Lugo podería dicir que descubrín a lectura. Primeiro, igual que os outros nenos, a través de revistas infantís, como Pulgarcito, ou de novelas para rapaces, que mercaba e que logo intercambiaba con algúns compañeiros, despois de lelas”.



















Fomentou a nosa cultura e valorou a tarefa dos mestres, como queda reflexado nesta carta.ç


Compostela, 26-V-86


Sr. Director do Centro Escolar

Póboa de San Xulián

LUGO


Meu querido amigo:

Quero decirlles a todos Vds. que viñen emocionado e fondamente impresionado da visita que fixen a ese Centro. tanto a miña muller, como a Presidenta da "Fundación Penzol", que nos acompañaba, como eu mesmo, sentimos moito non poder continuar ahí unhas horas máis para ter ocasión de faláremos con todos, pro ocurría que tiñamos que estar ás 3 en Lugo. Nós quedamos admirados da exposición de traballos dos alumnos e da actuación que tiveron no programa dos diversos actos que levaron a cabo. Todo ese éxito súpón moito entusiasmo e moito traballo, non só nos protagonistas visibles senón tamén nos profesores que os dirixiron e os prepararon.

Os nosos sinceros e entusiastas parabéns para todos Vds.

Unha forte e cordial aperta de


Ramón Piñeiro


D. ALFONSON RODRÍGUEZ CASTELAO influiu notablemente na vida e obra de D. Ramón Piñeiro López.



Algunhas das súas obras significativas





Para saber sobre a súa vida recomendamos Ramón Piñeiro López, onde poderedes en función dos intereses e idades coñecer máis a fondo ao homenaxeado deste ano, gústalles especialmente aos rapaces as actividades en liña.

Ningún comentario: