Con motivo das Letras Galegas todos coñecemos a figura do homenaxeado deste ano D. Ramón Piñeiro López, vimos OLLADAS DE RAMÓN PIÑEIRO. A vida de Ramón Piñeiro nunha línea do tempo con datos adicionales de cada data significativa. Elaborada por Julia González G. - Ceip Mestres Goldar. Os recursos das Letras Galegas son moi completos e interesantes, polo que vos remitimos a él. Atrevédevos coa Webquest Pero...¿Quen foi Ramón Piñeiro?, elaborada por Olga Rodríguez Díaz do Ceip Milladoiro- Malpica para o alumnado do 3º ciclo primaria?
Na biblioteca vimos e escoitamos Olladas de Ramón Piñeiro e logo os alumnos de sexto de educación primaria interpretaron varias obras coa frauta doce.
ROSCROCAIO DAS LETRAS GALEGAS
Benvidos a segunda edición do concurso RosCrocaio. Os concursantes, os alumnos de sexto de educación primaria, terán que completar un rosco de vintetrés palabras que teñen que ver coas Letras Galegas e libros galegos da nosa biblioteca.
¡Empezamos xa!
Os alumnos de cuarto de educación primaria fixeron a presentación e elaboraron as preguntas para realizar este xogo de investigación, identificación e coñecementos sobre a nosa cultura, os nosos escritores e ilustradores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario