Este venres día 22 de maio, os alumnos co CEIP Candeán e CEIP Eduardo Pondal terán a posibilidade de visitar un dos museos máis completos e interesantes da nosa provincia. Esto é posible grazas a colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, que faise cargo do custe do transporte escolar.
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.
COLECCIÓN
Dende a súa fundación, o Museo de Pontevedra ten reunido máis de 16.000 pezas entre as que figuran pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, útiles da vida cotiá, mobles, xoias, etc. Estes obxectos permiten coñecer, a través do seu estudo, a evolución da sociedade galega desde os seus inicios máis remotos ata a actualidade.

Castelao foi un dos fundadores deste museo e conta cunha colección relevante, que vos recomendamos visitedes in situ.
A continuación ofrecemos diversas imaxes do museo. Para disfrutar e coñecer as múltiples posibilidades que ofrece entrade no Museo.
As salas coas que conta, o equipo humano e as guías didácticas que elaboran son moi enriquecedoras para todos os que temos a oportunidade de coñecer este museo.
As salas coas que conta, o equipo humano e as guías didácticas que elaboran son moi enriquecedoras para todos os que temos a oportunidade de coñecer este museo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario