Josse GoffinBarcelona: MSV, 1991
Libro-xogo imasinativo e sorprendente sen texto. Todo dise a través das imaxes independentes que, en certo modo, relaciónanse entre sí. Ditas imaxes son aparentemente a dobre páxina, pero as follas están dobradas de tal xeito que a ilustración, unha vez desplegada, é aínda maior.
Editorial: Cook Books. Libros para pensar.
Libros para disfrutar, participar e descubrir, onde o descubrimento e a imaxinación xogan un papel importante.
Autor: Antoinette Portis.
Editorial: Faktoria K.
Cunhas ilustracións moi sinxelas e un texto corto, concico e divertido, o conto introdúcenos na imaxinación que teñen os máis pequenos e cun óbxecto disfrutamos transformándoa nun sinfín de posibilidades.
UNHA MAN CHEA DE BICOS.
Autor: Antonia Rodenas.
Ilustracións de Carme Solé Vendrell .
Traducción de Mª Xesús Fernández
Edicións Xerais de Galicia.
Kati, a protagonista desta historia, ten unha caixa chea de bicos que vai regalando a
todos os compañeiros. Desta maneira fai que se sentan felices. Pero Diego chámalles
parvos, empúxaos, colle o que quere sen mirar quen o ten… Aínda así, a ledicia dos
demais compartindo bicos de todos os sabores fai que se sinta só e acabará pedindo
perdón e dando tamén bicos de caramelo.
MIRANDO FOTOGRAFÍAS
Editorial: Anaya.
Darío senta no sillón e descubro o albúm de fotos familiar. A partir de aquí, el protagonista curioseará na historia da súa familia e indagará sobre a súa propia historia.
ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO
Autor: S. MC Bratney.
Ilustraciones: Anita Jeran.
Editorial: Kökinos.
Un libro para medir o cariño . Transmítenos que o realmente importante é expresar o amor que sentimos uns pólos outros, neste caso os pais polos fillos.
DON POL E PEQUENO PIN
Autor: Portela, Max
Ilustración: Rodrigo Chao.
Editorial: Bahía.
Don Pol, o vello polbo, non dá creto cando Pin, o cangrexo ermitán, lle pide que o coma, nunca o menú se lle ofrecera de modo tan directo!!A cousa é que Pin anda un pouco deprimido, porque se sente diferente ao resto dos cangrexos, e don Pol trata de animalo con bos argumentos.Pero Pin está deprimido, ou é unha estrataxema para escapar dos tentáculos de Pol??E ata aquí podo contarvos deste precioso conto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario