O día 7 e 8 de abril asistiremos en Santiago aos Encontros do PLAMBE: Plan de mellora de bibliotecas escolares.
Xa vos contaremos!!
Mentres tanto ide practicando con estes xogos de saúde.
E tamén podedes agardar lendo estes CONTOS:
O libro "Contos para nenos que dormen deseguida", da editorial Kalandraka, acaba de ser incluido na prestixiosa selección de los "White Ravens" que anualmente publica a Biblioteca de Munich onde inclúe ás obras infantís e xuvenís que considera máis destacadas de todo o mundo.
Esto foi o que destacou o xurado:
Conto para a hora de durmir. A historias para a hora de dormir deberían ser curtas, Pinto&;Chinto escríbeno no prólogo do libro.Ningún dos 28 contos é máis longo dunha páxina.
Os autores crearon miniaturas artísticas moi sinxelas, sin artificios, escollendo cuidadosamente cada palabra. O textos son poéticos cun suave sentido del humor.
As historias, que falan dunha pata de pau florecente, unha bruxa enamoradiza, ou un volcán durminte, así como as ilustracións a toda páxina que as acompañan, teñen un brillante toque surrealista.
Recomendado para lectores a partir de 6 anos.
luns, 4 de abril de 2011
venres, 1 de abril de 2011
Festa do Libro Infantil no aniversario de ANDERSEN
O 2 de Abril , data de nacemento do autor de contos danés Hans Christian Andersen celebramos tamén o día do libro Infantil e Xuvenil.
Escribiu tamén "O soldadiño de chumbo" " A sereíña", poderás ler moitos dos seus contos clicando na súa imaxe.
Moitos dos seus contos tratan o tema do "diferente que desexa ser aceptado...".
Aquí tedes unha mostra : O patiño feo.Escribiu tamén "O soldadiño de chumbo" " A sereíña", poderás ler moitos dos seus contos clicando na súa imaxe.
Unha lenda conta que os cantos das sereas embruxaban aos homes do mar.
En Copenhague, un humilde pescador sucumbiu pola voz dunha serea mentres realizaba súa faena.
A Sereíña renunciou a súa inmortalidade a cambio de poseer o aspecto dunha muller. Desta forma, conseguiría manter o amor do seu príncipe.
Este mito foi transmitíndose de xeración en xeración ata que o escritor Hans Christian Andersen escribiu en 1837 o conto como hoxe o coñecemos.
Estatua da Sereíña en Copenhague (Dinamarca )
mércores, 30 de marzo de 2011
Hoxe mércores 30 de marzo, a escritora An Alfaya estivo na BIBLIOCROCAIO co alumnado de 5º e 6º cursos.
Lucas: "Foi un bo día ...contounos que foi xurado nalgúns premios literarios e di que é un pouco difícil...
Andrea : "Contounos a historia da buguina namorada, que tivo que darlle un bico de amor ao náufrago nunha illa deserta para salvalo..."
Laura M: "No seu libro: Down, cando escribiu puxo tornillo e despois cambiouno por "parafuso", palabra que ela descoñecía...
Madelen: "Cando ela era nena, gustáballe moito escribir e cando estaba na clase escribindo nun folio as súas fantasías a profesora dícíalle: Señorita Alfaya, que está facendo? ela contestáballe, nada profe...
Jeni: Ensinounos os libros de Down en catalán, en castelán, en galego e en coreano, si,si, en coreano...Dixo que ós libros hai que achegarse cos cinco sentidos..
Amanda: "Gustoume o teatro que fixo..."
Grazas An, por traernos esa ollada de luz,
esa imaxinación que quedou prendida na nosa biblioteca
e que medrará con nós.
Lembraremos sempre a diferencia das margaridas azuis.
Bicos de CROCAIO e CRODILA que estiveron moi atentos, cos cinco sentidos...
luns, 28 de marzo de 2011
Benvida á PRIMAVERA con poemas.
Os nenos e nenas de 5º e 6º leron poemas no seu taller de lectura mensual para os máis pequenos do cole e ademais faláronlles de flores xa que comezamos unha nova estación: a primavera.
Estiveron moi atentos e aprenderon moitos nomes de flores e de poetas.
A Primavera e a Poesía: unha flor e un poema on PhotoPeach
Estiveron moi atentos e aprenderon moitos nomes de flores e de poetas.
A Primavera e a Poesía: unha flor e un poema on PhotoPeach
xoves, 24 de marzo de 2011
O xogo dos mundos
CROCAIO andivo de visita pola rede estes día e déixavos un xogo para que entrenedes a memoria, a lóxica, a vista e a atención.
Agardade un chisco a que cargue e escollede o voso nivel.ADIANTE!!
Agardade un chisco a que cargue e escollede o voso nivel.ADIANTE!!
sábado, 19 de marzo de 2011
Día mundial da auga
Despois de ler na clase "Os Bolechas queren saber como aforrar auga" seguro que podes contestar a estas preguntas:
- Cantos litros de auga abondan por persoa e por día?
- Cantos litros consumimos en Galicia por persoa cada día?
- Que lle pasará á Terra se consumimos máis auga da que hai?
-Di unha maneira de aforrar auga na casa.
Todos podemos facelo!!
Xogo online sobre a auga
O tema deste ano, Agua para as Cidades: Respondendo ao Desafío Urbano, ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, ás organizacións, comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana.
Abrir o grifo e saber que inmediatamente brotará un chorro de auga potable é un luxo ao alcance de moi poucos seres humanos na actualidade.
Millóns de persoas teñen serias dificultades para poder acceder á auga.A sequía xa non é un problema puntual, sinón unha emerxencia global.
Podedes visitar o sitio oficial en
(http://www.unwater.org/worldwaterday/index_es.html)

1. Características físicas e químicas da auga.
2. O cliclo da auga.
3. Importancia da auga para a vida.
4. Usos e abusos da auga.
5. Como se obten a auga.
O obxectivo do Día Mundial da Auga 2011 é centrar a atención internacional sobre o impacto do rápido crecemento da poboación urbana, a industrialización e a incertidumbre causada polo cambio climático, os conflictos e os desastres naturales sobre os sistemas urbanos de abastecemento de auga.
O tema deste ano, Agua para as Cidades: Respondendo ao Desafío Urbano, ten por obxecto poñer de relevo e alentar aos gobernos, ás organizacións, comunidades e persoas a participar activamente para responder ao desafío da xestión da auga urbana.
Abrir o grifo e saber que inmediatamente brotará un chorro de auga potable é un luxo ao alcance de moi poucos seres humanos na actualidade.
Millóns de persoas teñen serias dificultades para poder acceder á auga.A sequía xa non é un problema puntual, sinón unha emerxencia global.
Podedes visitar o sitio oficial en
(http://www.unwater.org/worldwaterday/index_es.html)
venres, 18 de marzo de 2011
NOTICIAS DE POESÍA
Palabras
Odios
Esperanzas
Salaios
Ideas
Amores
Fran Alonso
Homenaxe a GLORIA SÁNCHEZ
O pasado sábado 5 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra ofreceu unha bonita homenaxe á poeta Gloria Sánchez; nela participaron familiares, amigos, nenos e nenas e o grupo Mamá Cabra que lle puxo música a poemas como O meu tío Timoteo, María Manuela e co que colaborou no seu derradeiro disco Ola Ola Lá!
Disfrutade con este Tío Timoteo:
PARA LER POEMAS E XOGAR COAS PALABRAS:
Premendo na imaxe accederedes á páxina de presentación deste fantástico libro.
Fran Alonso presenta así o seu libro:
"Un gato cun aquel de toleirán, apaixonado pola poesía, foi, aínda que pareza incrible, quen me axudou a escribir o meu novo libro.
Debo confesalo porque non todo o mérito é meu. Miaña como un auténtico vate, e, coma todos os gatos, enreda e xoga, pero coas palabras. É un malabarista, un equilibrista das palabras, e sabe facer versos divertidos coma ninguén. Así naceu, hai xa varios anos, O meu gato é un poeta, que esta semana ve a luz nas librerías, nun parto un tanto animal e, desde logo, profundamente felino.
E, para seguir confesando as axudas que as persoas (ou animais) xenerosas me prestaron, debo dicir que Xurxo Souto me acompañou poñéndolle música aos poemas do gato.
O gato ten unha web : gatopoeta.net na que o libro continúa, porque moitas das páxinas dos poemas que escribiu o meu gato remiten a esa web. Pero só se pode entrar cun contrasinal que vén no libro. É cousa do meu gato, é que moi reservado. E eu, con cara de mico."
Odios
Esperanzas
Salaios
Ideas
Amores
Fran Alonso
Homenaxe a GLORIA SÁNCHEZ
O pasado sábado 5 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra ofreceu unha bonita homenaxe á poeta Gloria Sánchez; nela participaron familiares, amigos, nenos e nenas e o grupo Mamá Cabra que lle puxo música a poemas como O meu tío Timoteo, María Manuela e co que colaborou no seu derradeiro disco Ola Ola Lá!
Disfrutade con este Tío Timoteo:
LIBROS de poesía para o DÍA DA POESÍA
PARA FACER POEMAS NA CLASE:
PARA LER POEMAS E XOGAR COAS PALABRAS:
O meu gato é un poeta de Fran Alonso
Este libro acheganos á poesía dun xeito lúdico, semellándo un obradoiro ou un xogo. Contén un CD con seis cancións de Xurxo Souto, carismático músico galego, líder do rock bravú, coñecido polo seu paso polo grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e polas súas participacións no Xabarín Club.Premendo na imaxe accederedes á páxina de presentación deste fantástico libro.
Fran Alonso presenta así o seu libro:
"Un gato cun aquel de toleirán, apaixonado pola poesía, foi, aínda que pareza incrible, quen me axudou a escribir o meu novo libro.
Debo confesalo porque non todo o mérito é meu. Miaña como un auténtico vate, e, coma todos os gatos, enreda e xoga, pero coas palabras. É un malabarista, un equilibrista das palabras, e sabe facer versos divertidos coma ninguén. Así naceu, hai xa varios anos, O meu gato é un poeta, que esta semana ve a luz nas librerías, nun parto un tanto animal e, desde logo, profundamente felino.
E, para seguir confesando as axudas que as persoas (ou animais) xenerosas me prestaron, debo dicir que Xurxo Souto me acompañou poñéndolle música aos poemas do gato.
O gato ten unha web : gatopoeta.net na que o libro continúa, porque moitas das páxinas dos poemas que escribiu o meu gato remiten a esa web. Pero só se pode entrar cun contrasinal que vén no libro. É cousa do meu gato, é que moi reservado. E eu, con cara de mico."
xoves, 10 de marzo de 2011
SEMANA DA PRENSA
Celebramos A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA, entre os días 10 e 18 de marzo.
Tamén podemos ir ao RECANTO DE MIK e buscar alí clicando na imaxe seguinte:
1-Seleccionamos unha "Noticia do día".
2-Investigamos:
***Busca o nome de :
QUEREMOS
Fomentar a familiarización coa prensa como medio de
información dentro da vida escolar,a fin de aumentar as súas competencias lingüísticas, culturais e sociais na súa formación integral, para chegaren a ser uns bos cidadáns cun correcto espíritu crítico e unha responsable actividade cidadana.
Actividades :
Repasamos a web de Norberto que se abre clicando no Quiosco de Prensa de arriba.Tamén podemos ir ao RECANTO DE MIK e buscar alí clicando na imaxe seguinte:
1-Seleccionamos unha "Noticia do día".
Cada día comentaremos e exporemos unha noticia no corcho da aula.
2-Investigamos:
*Número de edicións que imprime diariamente "A voz de Galicia"-Ver en (Como se fai un periódico)
**Seccións dun periódico-(Ver Mural-esquema)
***Busca o nome de :
Dous xornais de Vigo.
Dous xornais de Galicia.
Catro xornais que se publiquen en toda España.
Catro de outras comunidades.
Catro xornais deportivos.
****Por último: selecciona unha noticia e imprímea.
martes, 8 de marzo de 2011
Recursos para traballar a igualdade de xénero
Por xentileza do RECANTO DE MIK, clicando na imaxe teredes toda unha páxina chea de recursos para traballar nas aulas, xogar, cantar e ver sobre a IGUALDADE DE XÉNERO.
¡¡MOI INTERESANTE!!
luns, 7 de marzo de 2011
8 de marzo de 2011: celebración dun Día da Muller Traballadora moi especial.
*Celebramos o primeiro Centenario do Día da Muller Traballadora.
O primeiro Día Internacional da Muller Traballadora celebrouse o 19 de marzo de 2011 en Alemaña, Austria, Dinamarca e Suiza, coa celebración de mítines ós que asistiron máis de un millón de persoas, e nos que se reclamaba o dereito das mulleres a votar e a ocupar cargos públicos, o dereito ó traballo, á formación profesional e á non discriminación laboral.
*Este ano tamén celebramos o 80 aniversario do voto feminino en España, para a consecución do cal foi clave a figura de Clara Campoamor. Con tal motivo, a Fábrica da Moeda o do Timbre ten presentado unha moeda conmemorativa,realizada en prata e cobre porase en circulación o primeiro semestre do ano cun valor de 20 euros.
Para coñecernos mellor:
Mulleres anónimas e outras moi coñecidas aparecen nas páxinas destes libros para mostrarnos a súa contribución á historia.Marta Rivera firma dous libros:
.
"Mi primer libro sobre ellas" e"La Mitad del cielo":(Perímetro)
14 testemuñas de mulleres de todo o mundo, das que a súa forza e traballo son chaves para o desenvolvemento económico.

Aproveitamos a ocasión para compartir con vós o seguiente vídeo que dá conta non só da situación actual das mulleres no mundo, sinon tamén dos retos aos que hoxe en día debemos enfrentarnos como sociedade para recoñecer os seus méritos e darlles o lugar que gracias a éstes merecen ocupar.
mércores, 2 de marzo de 2011
martes, 1 de marzo de 2011
O Meco Turista manda para mércores:
Monumento a Europa. Juan Oliveira Vieitez (1980-90, na praia de Samil, en Vigo. Ata aí chegou o noso turista de visita pola nosa cidade, e así se lle ocurriu o mandado do mércores:
sábado, 26 de febreiro de 2011
Paseo polo PORTO
O noso meco TURISTA
Veu de visita a VIGO
DESPOIS de ver aos cabalos
No paseo do porto
A Julio VERNE visitou
Sentado enriba dun polbo
E outro mandado nos deixou:
Do mar, da praia,
Algo has de traer,
que poidas poñer
que poidas comer,
para compartir
ou para pescar,
gorro,
colar,
antifaz,
relacionado co MAR.
¡ANIMO, a disfrutar do CARNAVAL!! CROCAIO tamén está disfrutando do entroido e quere compartir con vós este xogo de CLIC tan chulo.
Premede sobre a imaxe para xogar.¡Aí vén o ENTROIDO!!!
O noso MECO: "TURISTA" que veu a Vigo nunha desas viaxes de cruceiro e desembarcou na estación marítima, quedou abraiado ca estatua dos CABALOS da Praza de España, e como é moi mandón, para o Luns o seu mandado foi: unhas botas, para montar a cabalo:
As botas tes que traer, se no entroido queres correr
As botas tes que traer, se no entroido queres correr
Postas ou na man , botas han de ser
De auga ,de coiro, de goma, de frío
Botas, sen máis lío.
Clicade no MECO para entrar a unha páxina de actividades moi variadas do entroido
Ao TURISTA tamén llas poñeremos.ATENCIÖN!!!
venres, 25 de febreiro de 2011
xoves, 24 de febreiro de 2011
HOMENAXE A ROSALIA
O 24 de Febreiro recordamos o nacemento desta gran poetisa galega que escribiu tanto en lingua galega coma en lingua española. No século XIX, a época na que viviu Rosalía non resultaba nada fácil porque a lingua galega quedara reducida a un mero dialecto, despreciado e desprestixiado.
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras;
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me deixaras ti nunca,
sombra que sempre me asombras.
ROSALÍA DE CASTRO
Rosalía de Castro. Santiago de Compostela (Galicia 1837-1885).
Naceu en Santiago de Compostela. Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita, filla de pais descoñecidos. Mi pouco se sabe da súa educación. Sábe que na escola mostrou talento de versificadora. También lle gustaba o debuxo, a música e a declamación. Rosalía de Castro casou con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia. Ao ano seguiente Rosalía da luz a su primeira filla, Alejandra, á que seguirán seis fillos máis. O seu domicilio cambióu varias veces, entre Madrid e Simancas. Rosalía nunca disfrutou de booa saúde. Loitou sempre contra enfermedades, e a menudo con la pobreza, viviu dedicada ao seu fogar, aos sus fillos e ao seu marido, nunca aspirou á fama. O seu marido foi quen a convenceu para que publicara as súas obras. Morreu de cáncro aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo.
Compuxo os seus primeiros versos á idade de 12 anos. Aos 17 anos xa era coñecida no "Liceo de San Agustín", polo seu primeiro libro: La Flor . Follas Novas, é o título do seu último libro que contén a súa maneira de ver a vida.

Listz
Este ano celebramos o Bicentenario
do nacemento do músico Franz List
Se queredes saber mais sobre Franz Listz, clicade na súa foto.
Aquí tedes un entretido vídeo de Tom e Jerry que ten unha
composición súa de música de fondo.
do nacemento do músico Franz List
Se queredes saber mais sobre Franz Listz, clicade na súa foto.
Aquí tedes un entretido vídeo de Tom e Jerry que ten unha
composición súa de música de fondo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)