Seguindo co noso proxecto anual "Inventos de conto", fíxose dende o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), unha pequena exposición de maquinaria agrícola antiga que cedeu Suso, o noso orientador.
O alumnado de 1º e 2º de primaria xunto co mestre Cándido foi o primeiro en probar estes inventos que axilizaban o traballo de campo.
Quedaron encantad@s e aprenderon moito!
Trituradora
Debulladora de millo
Muíño manual
Fixeron fariña de millo
Fresquera
Antecesor da actual neveira. Botábaselle agua para beber, e xeo para enfriar a fresquera e manter os alimentos.
Tamén atopamos no colexio esta leiteira, onde gardábase o leite das casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario