domingo, 18 de abril de 2021

Faro da Escola. "A Cidade Violeta" con Anxo Fariña

Faro da Escola, a través do escritor e ilustrador galego Anxo Fariña, achegou ao alumnado de 3º a 6º de primaria un obradoiro de igualdade e imaxinación de maneira dixital. 

O alumnado deseñou o seu ideal de cidade cos consellos do creador Anxo Fariña, para fomentar unha educación baseada na igualdade e loita contra a violencia de xénero.

Cunha pintura especial, deseñada para brillar na escuridade, o alumnado plasmou mensaxes e escenas propias dunha cidade sen violencia de xénero.


Anxo Fariña, escritor e ilustrador galego








Ningún comentario: