Como xa vos comentamos nunha entrada anterior, o voluntariado da Bibliocrocaio de 5º e 6º de primaria preparou uns contos que compartiron coa aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro.
Aquí queremos deixar constancia da labor tan importante que están a facer Chus e todo o equipo para alegrar os días dos nenos e nenas a través da aula hospitalaria e atención domiciliaria.
Esperamos axudar co noso gran de area neste proxecto colaborativo.
Este é o blog da aula hospitalaria que con tanto cariño levan a cabo.
https://aulahospitalariavigo.blogspot.com/
Unha aperta para tod@s e moito ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario