Como xa sabedes o 23 de abril é festa do libro porque nesta data morreron dous grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare.
Unha das obras máis coñecidas de Cervantes é EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Á dereita un enlace lévavos a uns xogos moi variados sobre os personaxes do Quijote que xa practicamos na aula de informática.
Exposición de libros relacionados coas cores ou a pintura e reparto a todo o alumnado do boletín de libros recomendados de Abril:
Exposición de cadros famosos de nenos e nenas lendo :
Traballamos con eles:
Aula de informática e ordenadores de aula xogos e fichas sobre Cervantes e Don Quijote:
Marcapáxinas de pintores:
E estamos preparando o apadriñamento lector que faremos o martes próximo na Hora de ler.
Xa vos contaremos!
1 comentario:
Suuuper traballadores, coma sempre :) Qué actividades máis chulis! Moitos bicos para todos!
Publicar un comentario