O 23 de abril é o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a súa declaración pola UNESCO.
A Consellería de Cultura publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión o texto que inclúe é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego.
O código secreto que permite o acceso á sala de
mandos da nave espacial exploradora de futuros
itinerarios siderais.
A bambeante escada de corda e táboas coa que
abordar o áxil bergantín no que sucar mares ignotos
na procura do eterno tesouro da ilusión.
A estribeira na que pousar o pé para cabalgar o
airoso alazán de galope tendido cara ao horizonte
promisorio.
A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes,
ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á
descuberta venturosa de novos mundos, ao espello
substancial do propio ser....
O libro!
Paco Martín
Crocaio, pasou esta semana pensando libros fermosos e moi útiles para o boletín do Día do Libro, todos están relacionados co noso proxecto : a pintura e case todos están na BIBLIOCROCAIO, aínda que si algún che gusta moito podes achegarte a calquer librería e mercalo, non te arrepentirás!
Son para todas as idades:
Preme en cada libro para ter máis información.
Ningún comentario:
Publicar un comentario