Mañá , na hora de ler , en grupos de tres: dous alumnos ou alumnas de primaria e un de infantil , buscarán un sitio cómodo, un recuncho , seguramente dentro do cole, para compartir contos, para ler uns a outros, actividades que están desexando facer e que levan días preparando.
O esforzo por ler ben, a escoita agradecida dos demais, o interés, nunha palabra, que suscita esta actividade fai que o esforzo por preparala sexa grande. Moitos contos saen eses días da Biblio, contos novos e antigos, de buscar, de moita e de pouca letra, contos tradicionais ...todo tipo de lecturas que eles escollen para ler o mellor posible.
Crocaio está desexando escoitar eses contos!
Lectura compartida de 1º a Infantil de 3 anos o pasado mes de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario