venres, 4 de abril de 2014

A escritora viguesa Alicia Borrás visitou a Bibliocrocaio

E compartiu con nenos e nenas de Educación Infantil e de 1º curso uns momentos de cancións, risas, apertas...todo o que poideron xogar co seu libro. 
Un encontro agardado que levaban preparando coa lectura do nseu libro " O señor corpo quere xogar".
Alicia Borrás propón aos máis pequenos con este libro, descubrir as partes do corpo e as súas funcións.
Despois de falar, recitar, cantar e bailar todos coas rimas do seu libro, sacou ao seu peluche o pato Pico e con el falounos das partes do corpo dun ave , diferentes do corpo humano.
A continuación asinou exemplares da súa obra facendo en  cada libro un dibuxo diferente. Asinou tamén no libro de visitas da Biblio.
Só nos queda dicirlle: MOITAS GRAZAS,  ALICIA, PASÁMOLO MOI BEN!!

Ningún comentario: