O noso voluntariado da Biblocrocaio deleitáronnos cun novo conto en infantil. Esta vez o libro foi:
"Primeira semana na escola de vacas"
Moitas grazas!!
O noso voluntariado da Biblocrocaio deleitáronnos cun novo conto en infantil. Esta vez o libro foi:
"Primeira semana na escola de vacas"
Moitas grazas!!
Na semana das Letras Galegas, este ano adicado a Begoña Caamaño, fixemos distintas actividades organizadas polo ENLG (equipo de normalización da lingua galega).
Dende a nosa biblioteca ofertamos dous libros que puidemos ler e consultar e a nivel de aula fixéronse distintas actividades.
O venres infantil fixo unha visita á Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
Despois de explicarnos nun vídeo as normas da biblioteca, amosáronnos varios libros, os máis xigantes e os máis minúsculos que cabían nunha man.
Vimos as distintas zonas da biblioteca infantil e xuvenil e despois leváronnos a unha aula onde puidemos disfrutar de libros variados.
Esta semana tivemos outra das varias visitas de Silvia de APAMP, asociación de familias de persoas con parálise cerebral. Esta vez Vivindo veu a infantil a amosarnos un libro moi especial, feito con moito cariño no seu taller artístico.
"Elisa no mundo das maravillas"
Despois o alumnado de infantil fixo a súa propia obra de arte pintando con distintas partes do corpo.
O día 9 de maio conmemórase o Día de Europa.
Neste día todo o alumnado de primaria preparou as bandeiras dos 27 países que forman parte da Unión Europea, despois de falar e investigar un pouco sobre este tema. Despois as pegaron nun globo aerostático na entrada do colexio. Ao lado tiñan información sobre o país de cada bandeira, a súa capital e algúns datos máis.
Tamén tiñan información dalgúns países concretos en libros da nosa biblioteca coma estes.
Ola a tod@s.
O 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Acoso Escolar.
No colexio organizamos lecturas compartidas nas horas de ler partindo dun libro que fixo a biblioteca municipal de Porriño.
"Contos que curan" #2 acoso escolar, é un proxecto de biblioterapia infantil da biblioteca de Porriño que chegou ao noso colexio en forma de libro. Nel recóllense moitos libros da biblioteca para traballar este día, o que fixemos nós é facer unha selección deles e que tiñamos tamén na nosa Bibliocrocaio, e repartilos por ciclos ou niveis.