martes, 19 de maio de 2026

Letras Galegas. Homenaxe a Begoña Caamaño.

Na semana das Letras Galegas, este ano adicado a Begoña Caamaño, fixemos distintas actividades organizadas polo ENLG (equipo de normalización da lingua galega).

Dende a nosa biblioteca ofertamos dous libros que puidemos ler e consultar e a nivel de aula fixéronse distintas actividades.



Destacamos aquí os traballos tan orixinais feitos por todos os cursos de primaria e que expuxeron para todo o alumnado do centro na biblioteca.

O alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria preparou unha entrevista a Begoña Caamaño nena e outra a Begoña Caamaño adulta.


O alumnado de 4º, 5º e 6º fixeron unha reportaxe e un noticieiro moi divertidos.





E para finalizar a mestra de música, Marta, preparou unhas cancións por niveis dende infantil ata 6º de primaria.






Así homenaxeamos a Begoña Caamaño e á nosa lingua.

Ningún comentario: