A chegada da primavera trae cores, olores e danzas. E como mellor festexalo que co noso maio.
Coa colaboración das familias que trouxeron fiuncho, pampullos, xestas, cascas de ovos... fixemos este precioso maio.
A mestra de música, Marta, ensaiou unhas coplas por ciclos que recitaron acompañadas de instrumentos musicais e tamén viu acompañada do grupo Cantares de Erbilone para porlle voz ao noso patrimonio a través da nosa música.
Moitas grazas á banda e á profe Marta!!
Tamén dende a Bibliocrocaio queremos ofrecervos este libro que tedes na biblio sobre esta temática.


.jpeg)
.jpeg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario