O día 9 de maio conmemórase o Día de Europa.
Neste día todo o alumnado de primaria preparou as bandeiras dos 27 países que forman parte da Unión Europea, despois de falar e investigar un pouco sobre este tema. Despois as pegaron nun globo aerostático na entrada do colexio. Ao lado tiñan información sobre o país de cada bandeira, a súa capital e algúns datos máis.
Tamén tiñan información dalgúns países concretos en libros da nosa biblioteca coma estes.


.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario