Ledicia Costas: PREMIO LAZARILLO 2017 DE CREACIÓN LITERARIA coa obra presentada baixo o lema "Plumas e unicornios" que será publicada en Xerais co título "A balada do unicornio"
É a segunda vez que gana este premio, xa que o recibiu en 2015 por "A vida secreta das mulleres planta"
Premio otorgado pola OEPLI: Organización Española para el libro infantil y juvenil, Ministerio de Cultura, que tamén ganaron outros escritores galegos como Marcos Calveiro, María Solar, Agustín Fdz. Paz, X. A. Neira Cruz, An Alfaya...
Moitos parabéns Ledicia!!!
Aquí a tedes no 2015 cando visitou a Biblio Crocaio:
mércores, 8 de novembro de 2017
luns, 6 de novembro de 2017
Preparamos O MAGOSTO
ACTIVIDADES SOBRE O MAGOSTO, preme na imaxe e terás máis:
CONTO:
Os nenos e nenas do C.E.E. Terra de Ferrol, ilustrando e gravando o conto de :"A castaña Catarina" atopado no libro "O MAGOSTO" do Colectivo "Ollo de Sapo", colección IR INDO. Actividade realizada polo equipo da Biblioteca e de Normalización Lingüística. Montaxe do video: Patricia Galdo.
POEMA
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouricieiro
toma o sol
no bico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
no bico dun castiñeiro
o ourizón toma o seu sol
moi riseiro.

O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
e xa fuxiu a castaña...!
Manuel María «Os soños na gaiola»
Tres CASTAÑAS POLO CHAN cantada por SUSA HERRERA, para aprender a letra rapidiño...
E TODO ESTO PARA LER!!

venres, 3 de novembro de 2017
25 outubro - 1 novembro: Semana Mundial da Alfabetización en Medios e Información (AMI) a proposta da UNESCO- II
Compartimos a proposta do IES DE PORTO DO SON arredor dos diccionarios, unha biblioteca con longa traxectoria no traballo de formación para as competencias informacionais e mediáticas do seu alumnado, tal e como se pode ver nesta entrada dos seu blogue.
martes, 31 de outubro de 2017
E por fin Samaín
Se queres saber todo sobre os verdadeiros vampiros o libro deste Samaín é:
Pero tamén podes pasar un rato divertido coas aventuras do Pequeno Vampiro, tamén en película.
Elixe o teu!
Enlaza co blog dos máis pequenos:
Samaín en Infantil 3 anos Samaín 4 e 5 anos

6º xa son CIBEREXPERTOS
Rematamos o curso de formación de dez horas de duración e o alumnado de 6º curso xa é CIBEREXPERTOS.
Moitas grazas Luis pola túa amabilidade!
Xa sabemos de identidade dixital, netiqueta, grooming, sexting, contrasinais seguras, adicción a internet e móbiles...Agora sentímonos máis seguros. Escoitamos moitos exemplos reais de casos, de problemas, da man de Luis, o policía nacional que nos acompañou estes dez días e coa axuda dun Power Point nos ía introducindo temas moi interesantes, despois faciamos un test cada día e o derradeiro día foi un examen para lembrar todo aprendido. Moi interesante!
Moitas grazas Luis pola túa amabilidade!
sábado, 28 de outubro de 2017
A volta ao mundo das tres mellizas
Para ver esta fin de semana mentres preparades as cabazas e disfraces do Samaín:
Máis pelis das tres mellizas viaxando na páxina Viaxamos con Crocaio
https://crocaiodesampaio.blogspot.com.es/p/viaxamos-con-crocaio.html
xoves, 26 de outubro de 2017
mércores, 25 de outubro de 2017
Fertival de Cine de Ourense, premio ao mellor guión: CEIP EDUARDO PONDAL DE VIGO!!
Aquí tedes o momento no que nomeaban ao cole para recibir o premio no festival de cine de Ourense. A curta "Árbores no camiño", realizada polas profes e nenos e nenas de Educación Infantil hai dous cursos foi premiada ao mellor guión , nada menos que entre 74 traballos presentados.
Que emoción!
Recollemos o premio:
Podedes ver máis fotos na montaxe feita pola profe Ángeles Formoso:
Que emoción!
Podedes ver máis fotos na montaxe feita pola profe Ángeles Formoso:
venres, 20 de outubro de 2017
24 de outubro "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES"
Por fin chegou o GRAN día da BIBLIO CROCAIO, o día das Bibliotecas, con inauguración oficial na que poñeremos a andar os préstamos e as mochilas e bota a andar o proxecto anual que ten a Biblio como base Este ano daremos a volta ao mundo con Crocaio: VIAXAREMOS!!
As viaxes, porque coa axuda dos libros podemos ir a calquer lugar: a países arredor do mundo, a planetas distantes, ao futuro, ao pasado, podemos penetrar nos misterios da natureza e mesmo chegamos a explorar o corazón dos outros. Só temos que abrir un libro!
ACTIVIDADES que comezaremos na hora de ler:
XIMCANA DE XOGOS: Lectura = Aventura.
Repartidos en oito grupos de todas as idades pasarán por oito probas relacionadas coas viaxes
na que demostrarán habilidades
1- Destreza manual, farán cadanseu barco de papel.
2.-Destreza física, percorrerán un labirinto no que subirán montañas, atravasarán pontes...
3-Habilidade lingüística, Xogo:De América chegou un barco cargado de.....
4-Rapidez e habilidade lingüística: O tren das palabras, xogo das palabras encadenadas.
5-Destreza visual: Puzzle do mundo
6-Memoria: refrán de Cervantes: "O que le moito e viaxa moito ve moito e sabe moito"
7-Destreza no uso da Biblioteca: Buscarán o autor do libro "Unha viaxe inesperada"
8-Proba de atención na que deberán recoñecer oito monumentos e asocialos co seu nome.
Cada un leva un PASAPORTE LECTOR que irán enchendo de selos según vaian facendo as probas.
Ao rematar faremos un acto colectivo na Biblioteca no que veremos o vídeo La Huella de Bubisher
Con este vídeo viaxaremos ata o Sahara en África para coñecer a realidade de outra biblioteca, o BUBISHER, o bibliobus que percorre os pobos refuxiados do deserto do Sahara levando libros e ilusións aos nenos e nenas e co que colaboramos hai anos enviando un libro para facer unha biblioteca fixa.
Despois escoitaremos unha canción infantil popular africana á flauta e cantada polo alumnado de sexto curso:
A continuación repartimos os carnés, carpetas, mochilas viaxeiras e agasallos a cada alumno e alumna.
Viaxaremos á China :
Remataremos coa canción das Maimiñas AS MAIMIÑAS NA MURALLA que practicaron na clase e que pertence ao CD Unha volta polo mundo destas cantantes que no ano 2014 estiveron na Biblio Crocaio e pasámolo xenial con elas.
Tamén repartiremos ás familias unha GUÍA DE USUARIOS para que coñezan horario e funcionamento da Biblio Crocaio e se animen a visitala.
A inauguración será o día 26 xoves xa que o propio día 24 o alumnado de 5º e 6º acudirá á Gala do Festival de Cine OUFF de Ourense.
As viaxes, porque coa axuda dos libros podemos ir a calquer lugar: a países arredor do mundo, a planetas distantes, ao futuro, ao pasado, podemos penetrar nos misterios da natureza e mesmo chegamos a explorar o corazón dos outros. Só temos que abrir un libro!
ACTIVIDADES que comezaremos na hora de ler:
XIMCANA DE XOGOS: Lectura = Aventura.
Repartidos en oito grupos de todas as idades pasarán por oito probas relacionadas coas viaxes
na que demostrarán habilidades
1- Destreza manual, farán cadanseu barco de papel.
2.-Destreza física, percorrerán un labirinto no que subirán montañas, atravasarán pontes...
3-Habilidade lingüística, Xogo:De América chegou un barco cargado de.....
4-Rapidez e habilidade lingüística: O tren das palabras, xogo das palabras encadenadas.
5-Destreza visual: Puzzle do mundo
6-Memoria: refrán de Cervantes: "O que le moito e viaxa moito ve moito e sabe moito"
7-Destreza no uso da Biblioteca: Buscarán o autor do libro "Unha viaxe inesperada"
8-Proba de atención na que deberán recoñecer oito monumentos e asocialos co seu nome.
Cada un leva un PASAPORTE LECTOR que irán enchendo de selos según vaian facendo as probas.
Ao rematar faremos un acto colectivo na Biblioteca no que veremos o vídeo La Huella de Bubisher
Despois escoitaremos unha canción infantil popular africana á flauta e cantada polo alumnado de sexto curso:
Viaxaremos á China :
Remataremos coa canción das Maimiñas AS MAIMIÑAS NA MURALLA que practicaron na clase e que pertence ao CD Unha volta polo mundo destas cantantes que no ano 2014 estiveron na Biblio Crocaio e pasámolo xenial con elas.
Tamén repartiremos ás familias unha GUÍA DE USUARIOS para que coñezan horario e funcionamento da Biblio Crocaio e se animen a visitala.
A inauguración será o día 26 xoves xa que o propio día 24 o alumnado de 5º e 6º acudirá á Gala do Festival de Cine OUFF de Ourense.
xoves, 19 de outubro de 2017
Gala dos premios do Festival de Cine Internacional de Ourense
O vindeiro martes 24 de outubro o alumnado de 5º e 6º asistiremos á entrega de premios do FESTIVAL de CINE INTERNACIONAL de OURENSE, convidados pola participación coas dúas montaxes realizadas polo noso cole:
"A guitarra máxica" o curso 16-17 e "Árbores no camiño" o curso 15-16.
Estamos moi contentos de poder asistir a este evento xa que o cine foi o proxecto anual do curso pasado durante o cal ademais de actores e actrices, realizamos todas as tarefas relacionadas co feito de realizar unha película e como colofón deste proxecto asistiremos á gala de entrega de premios e posiblemente teremos algunha mención polo noso traballo.
O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF, siglas que pertencen ao acrónimo Ourense Film Festival) presenta anualmente unha selección das produccións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa e o resto do mundo. Recibe cada ano traballos procedentes de moitos países , de temáica comprometida e formas innovadoras.
Con motivo desta viaxe deberemos pospoñemos a inauguración da Biblioteca para o xoves 26, aínda que nos lembraremos de que o martes 24 celebrase o Día das Bibliotecas Escolares.
Preme para volver a ver Árbores no camiño:
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/rbores-no-camino-ceip-eduardo-pondal

mércores, 18 de outubro de 2017
As Maimiñas viaxan polo mundo
E esta vez foron á China e despois viñeron ao noso cole, no ano 2014, a ensinarnos como saudar en chino.
Este é o CD que vai en todas as Mochilas Viaxeiras. Coas Maimiñas podedes cantar e viaxar a China, a New York, a México, a Suiza, en fin polo mundo enteiro e tamén sobre todo podedes bailar.
E agora a aprender esta canción para poder cantala e bailala o día da inauguración da Biblio...que vai ser pronto..
Letra da canción:AS MAIMIÑAS NA MURALLA
Se ti viaxas á China-na cun chunés haste atopar.
Divertido-do, e fala chinés e os ollos parece estirar.
E dirache ñihau para saudarte
Chaichién e dirache chao,
juanyén para recibirte,
Chin cho chin cho chaaan.
Se ti viaxas á China-na cun chinés haste atopar.
É delgado-do e moreno-no,cun roxo non te has cruzar.
E dirache ñihau para saudarte
Chaichién e dirache chao,
juanyén para recibirte,
Chin cho chin cho chaaan.
Se ti viaxas á China-na as Maimiñas estamos ao sol,
na muralla-lla, abanicándonos unha á outra, vai moita calor!

luns, 16 de outubro de 2017
martes, 3 de outubro de 2017
O poeta Antonio García Teijeiro premio Nacional de Literatura Infantil 2017 polo seu poemario "POEMAR O MAR"
O mestre e poeta Antonio García Teijeiro, que visitou o febreiro pasado a Biblio Crocaio acada hoxe o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co seu poemario POEMAR O MAR
Parabéns de toda a comunidade do Ceip Eduardo Pondal!
É moi boa noticia para a poesía e para a literatura en lingua galega.
Lembrades aquel rap cun dos poemas do seu libro Poemar o mar
Parabéns de toda a comunidade do Ceip Eduardo Pondal!
É moi boa noticia para a poesía e para a literatura en lingua galega.
Lembrades aquel rap cun dos poemas do seu libro Poemar o mar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)