As viaxes, porque coa axuda dos libros podemos ir a calquer lugar: a países arredor do mundo, a planetas distantes, ao futuro, ao pasado, podemos penetrar nos misterios da natureza e mesmo chegamos a explorar o corazón dos outros. Só temos que abrir un libro!
ACTIVIDADES que comezaremos na hora de ler:
XIMCANA DE XOGOS: Lectura = Aventura.
Repartidos en oito grupos de todas as idades pasarán por oito probas relacionadas coas viaxes
na que demostrarán habilidades
1- Destreza manual, farán cadanseu barco de papel.
2.-Destreza física, percorrerán un labirinto no que subirán montañas, atravasarán pontes...
3-Habilidade lingüística, Xogo:De América chegou un barco cargado de.....
4-Rapidez e habilidade lingüística: O tren das palabras, xogo das palabras encadenadas.
5-Destreza visual: Puzzle do mundo
6-Memoria: refrán de Cervantes: "O que le moito e viaxa moito ve moito e sabe moito"
7-Destreza no uso da Biblioteca: Buscarán o autor do libro "Unha viaxe inesperada"
8-Proba de atención na que deberán recoñecer oito monumentos e asocialos co seu nome.
Cada un leva un PASAPORTE LECTOR que irán enchendo de selos según vaian facendo as probas.
Ao rematar faremos un acto colectivo na Biblioteca no que veremos o vídeo La Huella de Bubisher
Despois escoitaremos unha canción infantil popular africana á flauta e cantada polo alumnado de sexto curso:
Viaxaremos á China :
Remataremos coa canción das Maimiñas AS MAIMIÑAS NA MURALLA que practicaron na clase e que pertence ao CD Unha volta polo mundo destas cantantes que no ano 2014 estiveron na Biblio Crocaio e pasámolo xenial con elas.
Tamén repartiremos ás familias unha GUÍA DE USUARIOS para que coñezan horario e funcionamento da Biblio Crocaio e se animen a visitala.
A inauguración será o día 26 xoves xa que o propio día 24 o alumnado de 5º e 6º acudirá á Gala do Festival de Cine OUFF de Ourense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario