Xa sabemos de identidade dixital, netiqueta, grooming, sexting, contrasinais seguras, adicción a internet e móbiles...Agora sentímonos máis seguros. Escoitamos moitos exemplos reais de casos, de problemas, da man de Luis, o policía nacional que nos acompañou estes dez días e coa axuda dun Power Point nos ía introducindo temas moi interesantes, despois faciamos un test cada día e o derradeiro día foi un examen para lembrar todo aprendido. Moi interesante!
Moitas grazas Luis pola túa amabilidade!
Ningún comentario:
Publicar un comentario