xoves, 19 de outubro de 2017

Gala dos premios do Festival de Cine Internacional de Ourense

O vindeiro martes 24 de outubro o alumnado de 5º e 6º asistiremos á entrega de premios do FESTIVAL de CINE INTERNACIONAL de OURENSE, convidados pola participación coas dúas montaxes realizadas polo noso cole:
"A guitarra máxica" o  curso 16-17 e "Árbores no camiño" o curso 15-16.
 Estamos moi contentos de poder asistir a este evento xa que o cine foi o proxecto anual do curso pasado durante o cal ademais de actores e actrices, realizamos todas as tarefas relacionadas co feito de realizar unha película e como colofón deste proxecto asistiremos á gala de entrega de premios e posiblemente teremos algunha mención polo noso traballo.
O Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF, siglas que pertencen ao acrónimo Ourense Film Festival) presenta anualmente unha selección das produccións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa e o resto do mundo. Recibe cada ano traballos procedentes de moitos países , de temáica comprometida e formas innovadoras.
Con motivo desta viaxe deberemos pospoñemos a inauguración da Biblioteca para o xoves 26, aínda que nos lembraremos de que o martes 24 celebrase o Día das Bibliotecas Escolares.
Preme para volver a ver Árbores no camiño:
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/rbores-no-camino-ceip-eduardo-pondal


Ningún comentario: