martes, 7 de febreiro de 2017

Visita de Antonio García Teijeiro


O poeta vigués Antonio García Teijeiro visitou hoxe a Biblio crocaio e ofreceu unha charla chea de experiencia e sabiduría sobre POESÍA, na que nos dixo "aos nenos e nenas gústalle a poesía moito máis do que pensamos".
Recomendoulles ler un poema cada noite, porque así ao longo do ano teremos 365 poemas lidos.
Tamén recitou poemas que nos resultaron coñecidos porque o seu libro POEMAR O MAR  traballámolo nas aulas de segundo a sexto.
Foi unha charla que nos foi engaiolando e cando nos tocou o turno de preguntarlle resultaron unhas preguntas moi interesantes, felicitounos por estar tan atentos pero é que foi moi doado.
Sacou da súa maletiña ao rato Honorato, que estaba namorado da lúa e  ao soldado Dado que non tiña armas porque quería a Paz.

Moitas grazas Antonio pola túa amabilidade!

Ningún comentario: