24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro
ROSALÍATE !
"O lema da proposta #RosalíaTe pode desenvolverse a través de
actividades que permitan a cada alumna ou alumno converterse na Rosalía de Castro da que
se sinta máis próxima/o. Para isto, despois de facer un repaso da figura literaria da autora, e
dalgunhas lecturas que dean conta da pluralidade significativa das súa obra, propoñemos
para o venres 17 de febreiro que cada alumna/o elabore unha máscara de Rosalía de Castro.
Esta iniciativa pretende, ademais, que unha vez feito este traballo, o alumnado o comparta coa súa familia e, particularmente, cos seus maiores (sexan familiares, veciñas e veciños…). Para isto faríanse fotos do alumnado caracterizado de Rosalía acompañado das súas persoas maiores, portando entre ambos un pequeno cartel cun verso rosaliano da escolla da alumna ou alumno.
A documentación gráfica sería subida á rede polo centro de ensino antes do 24 de febreiro,
coa etiqueta #RosalíaTe.
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta
festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura
e da nosa conciencia como pobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario