mércores, 1 de febreiro de 2017

Visita a Biblio Crocaio Antonio García Teijeiro

Por xentileza do programa Faro da Escola, o próximo martes día 7  recibiremos a visita do  importante escritor  vigués
Antonio García Teijeiro que nos vai presentar o seu libro máis recente  POEMAR O MAR de edicións Xerais 


Antonio naceu en Vigo no ano 1952. É un grande da Literatura Infantil e Xuvenil, mestre,
 é tamén o noso poeta máis internacionalmente coñecido.
Conta cunha obra moi extensa e con innumerables premios, entre eles o Premio Merlín por Na fogueira dos versos, que entrou na Lista de Honra do IBBY e  se lle concedeu o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidad de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Pódese seguir en Versos e aloumiños, o seu blog.
Os seus poemas foron cantados por Mamá Cabra  e outros grupos que fan cancións para nenos e nenas.
Entre os 100 mellores libros do século XX
O seu libro "Versos de Agua", en galego "Cacarabín, Cacarabón" foi elexido entre Os 100 mellores libros do século XX 
Agardámolo impacientes mentres preparamos poemas do seu libro e debuxos para o mural!

Ningún comentario: