venres, 27 de febreiro de 2015

Recital de poemas para Rosalía

Vimos o fermoso video que realizaron os alumnos e alumnas de 5º curso tomando como guión o libro Rosalía de Helena Villar Janeiro que aínda non temos o pracer de poder mostrárvolo.
Despois curso a curso recitamos poemas, adiviñas , versos de Rosalía, da maleta de poesía e incluso algún neno de 6º recitou un poema seu. Todo en honra da máis grande poeta galega.


Rosalía , alá onde esté , tivo que sentirse moi  orgullosa hoxe do bo traballo do alumnado e profesorado do CEIP Eduardo Pondal. Crocaio estivo moi ledo e atento!!

Ningún comentario:

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, 25 de novembro do 2021, celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, e no CEIP Eduardo P...