Este vai ser o noso disfraz:
CIGARRÓN: personaxe do Entroido, tamén coñecido como peliqueiro, choqueiro ou chocalleiro, segundo os lugares, típico da zona de Verín e Laza.
É en Verín onde se tende a designar como cigarrón, que golpea a xente cun látego ou cun pau rematado nunha vexiga, levántalles as saias ás rapazas e obriga a quen captura a convidalo a viño.
É “intocable” por parte do público e mantén a súa identidade no anonimato.
Viste camisa branca, gravata vermella, chaquetiña curta de seda con adornos dourados e panos de cores, faixa de seda sobre a que vai un cinto de coiro con cinco ou seis chocas de gran tamaño, calzón curto de seda con borlas de la de variadas cores, ligas, medias brancas de fantasía e zapatos baixos e negros. Leva unha carauta feita de madeira cunha especie de mitra de latón na que están pintados distintos animais.
Para saber máis
http://www.xunta.es/linguagalega/entroido
Seguro que nestes días probaremos estas deliciosas orellas e filloas típicas do entroido galego.Premendo nelas teredes a receita.
Ningún comentario:
Publicar un comentario