Premede na imaxe para ver o Ciclo do Entroido e os diferntes costumes que hai en Galicia para os vindeiros días. Sabiades que hoxe é o domingo corredoiro?
Hoxe é o denominado domingo corredoiro, de corredores, tamén chamado, en Cotobade, domingo de chicotes. Recibe o nome de corredoiro por se-lo día da corrida do galo. É o domingo da sesaxésima, domingo anterior ó de entroido. En Pobra de Trives,
os pais que tiñan fillos na escola acostumaban regalarlle en tal
ocasión un galo ó mestre, con ocasión do domingo corredoiro. Para
escolle-lo rapaz que llo ía dar, enterraban o galo na terra, coa cabeza
fóra, e tapándolle os ollos ós rapaces. Aquel que atopara o galo era
quen llo daba ó mestre. Vicente Risco di que o mesmo costume tiñan en Allariz. Noutros lugares era este o día no que se corrían as olas, e de aí o nome de domingo oleiro. En Castro Caldelas corríanse as maulas, carreira entre veciños atados polas costas.
Que costumes eh! algunhas xa se perderon pero ainda se conserva o noem que se lle da´ao domingo antes do de entroido.
Pero aquí temos outro dos nosos costumes que ainda mantemos: OS MANDADOS DO MECO
O venres chegou ao cole para quedarse estes días
"DON LIMPIÑO ", o Meco que vén supervisar como vai indo o entroido e se non vai ben....
E aquí tedes para mañá LUNS:
"Por adiante ou por detrás , un mandil traerás"
Ningún comentario:
Publicar un comentario