A nosa homenaxe a Rosalía de Castro resultou un tanto especial xa que colaborou con nós Ce,el hombre orquesta, que hoxe daba unha sesión para os máis pequenos.
Aí nos tedes acompañados espectacularmente por César Freiría, un rapaz de Valadares(Vigo), que colabora coa Normalización Lingüística do noso concello co seu espectáculo de música e cancións populares galegas que engaiolaron a todos os que o escoitabamos.
Outra artista nova, nacida tamén no barrio de Beade ofrece a súa particular versión de Adiós ríos, adiós fontes.
Aid, do seu disco RAPOEMAS
Eu, como profe que hoxe escribe esta crónica, estou especialmente emocionada e orgullosa xa que estas dúas personas,estes dous artistas, foron alumnos meus en distinta época , pero no mesmo cole, no CEIP Otero Pedraio de Carneiras-Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario