luns, 23 de abril de 2012

Recomendacións lectoras Abril 2012

LEDE  CON  ELES!!
Quedan menos de cen días para os Xogos Olímpicos de Londres, o tema deste curso arredor do que xiran as nosas actividades .
Os libros de deportes foron os máis lidos  e estamos preparando o libro colectivo no que deixaremos unha pequena mostra do traballo da BIBLIOCROCAIO. 
Con estas recomendacións lectoras, como tamén o facemos coas mochilas viaxeiras, queremos facer partícipes ás familias do noso traballo e animalas a “LER XUNTOS”, polo que neste boletín escollemos especialmente
LECTURAS PARA FACER COS NENOS para que a familia amose interés pola lectura e contaxie aos nenos e nenas, para crear hábitos de lectura nos máis pequenos que beneficien os seus resultados académicos.


 INVENTARIO ILUSTRADO DE ANIMAIS  
Sobre un cento de exemplares de fauna representativa de todo o mundo, tanto vertebrados -mamíferos, aves, peixes, anfibios, réptiles como invertebrados, que con más de 60 clases, representan o 95 das especies animais.
De cada un indícase o seu nome científico e común, e engádese unha descrición que acompaña a ilustración. Factoría K.



ALMANAQUE MUSICAL. Kalandraka. 
Contén doce poemas, un para cada mes do ano,
nos que o fío condutor é a  música clásica
cos intérpretes dunha peculiar orquesta de instrumentosde corda. Con versos de Antonio Rubio e publicado por Kalandraka.
 
O   CULLARAPO  CROQUE.  Miguel  A. Alonso Diz
O cullarapo serve de fío condutor entre os poemas que viven neste libro. 80 páxinas cheas de poesía, de fermosas ilustracións e sobre todo de moita dozura. Os autores:
Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso, conseguen achegar aos nenos e nenas temas como o respecto aos demais, os soños...

CONTOS PARA IR DURMIR. Galaxia
Roi Mendez sorprende ao lector cunha serie de historias que , a modo de fábulas, van deixar a mente contenta e o corazón preparado para máis e máis contos.
Contos para dormir, pero sobre todo para soñar…

  OS XOGOS OLÍMPICOS DE NINGURES. Pinto e Chinto. Galaxia.
         O país de Ningures organiza os XXOO que pasarán á historia por ser os mellor organizados, por ser os que máior número de marcas atléticas se bateron, pero tamén por ser os máis estrambóticos e divertidos, con situacións cheas de anécdotas.

  LAS AVENTURAS DE ULISES.Stilton
   ¿Estades listos para afrontar uha viaxe extraordinaria con Geronimo Stilton e o lexendario heroe Ulises? ¡Navegaredes por mares tempestuosos, visitaredes terras descoñecidas e encontraredes criaturas misteriosas, entre peligros e emboscadas espeluznantes! ¡Unha historia cautivadora eemocionante, chea de sorpresas e aventuras inesquecibles!
 UN CABALO DE LUME. Fina Casalderrey.  
O lume avanza imparable e un ancián intenta calmar ao neno, aterrado polo caballo de lume que baixa do monte, contándolle que é o Ave Fénix, un paxaro de lume que aparece cada 500 anos, e que un pequeno carballo que planta nun  penico descende do que lle deu a sombra a San Ero, baixo o que se quedou dormido casi 300 anos... O  neno durme tranquilo e soña con paxaros de lume que parecen cabalos y aniñan nun carballo centenario.
Enton el pensa en cando choverá un pouco de cordura sobre o mundo, e unhas gotas de auga comezan a caer do ceo.
 POR QUÉ DEBO HACER EJERCICIO?  
 Libro que explica a importancia de cuidar a saúde. O texto, moi accesible, con fotografías específicas de cada tema , diseño claro y colorista, mostrarán aos nenos como e por que deben cuidarse e o que pode pasar si non o fan. Completase cun glosario de términos e un índice de palabras de interés para súa fácil localización. Este título, fará que non olvides a relación entre exercicio e  saúde, ademáis de incluir unha serie de exercicios que los pequenos poderán facer sen axuda. Ed. Everest

 SAÚDOS LECTORES de CROCAIO

Ningún comentario: