xoves, 26 de abril de 2012

Galego en Londres

Recollido do Blog "Fala Londres",un neno de orixe galega, contador de contos en inglés. Brian de Londres. Hoxe presentámosvos a Brian en corpo e voz. A súa profesora de infantil pediulle que lles fose contar o conto en galego aos 50 nenos de infantil que estudan no Cañada Blanch de Londres. E deste acto, agasállannos co vídeo de abaixo. Brian ten 8 anos. Naceu en Londres e leva os seus 8 anos de vida en Londres. Os seus pais son de Mazaricos. E como veredes é un artista. Contacontos, profesor de galego, profesor de arte dramática capaz de atraer atención de 50 cativos de 5 anos. Brian tennos conquistado. É o noso conquistador e o noso futuro. Necesitamos moitas e moitos coma el.

1 comentario:

setemaisun dixo...

Moitas grazas por recollernos. E se vos gustou, podedes velo contando aquí
http://galegoenlondres.blogspot.co.uk/2011/11/braian-8-anos-e-sua-marabillosa-version.html