Despois dos días de calor nos que non podiamos plantar nada comezamos a preparar a terra para o traballo primaveral.
Recollemosas fabas que medraron durante o inverno. E como medraron!!
Prantamos as cebolas:
E observamos ...As ervellas están medrando:As acelgas medraron moito coa chuvia:
As cebolas que prantaran os pequenos de Infantil están así:
Os allos tamén medran:
O nabicol xa bota a súa flor que despois conterá a semente:
A rúcula, para as ensaladas sae espontánea por todo o terreo:
As fresas comezan a saír:
E a nosa vermicomposteira no caseto dos trebellos da horta:Temos unha horta ecolóxica!!
Así eran as primeiras ceboliñas que prantamos
A nosa horta ten as mellores vistas que podiamos desexar,
por eso nos gusta tanto ira ela!
Mirade que fermosas están as árbores: a avelaira
E a ameixeira:
1 comentario:
Impresionante!!!
Un lugar privilexiado, sen dúbida!
Moitos biquiños!
Publicar un comentario