martes, 13 de marzo de 2012

Semana da PRENSA

A PRENSA NA ESCOLA

Oficialmente estamos na Semana da Prensa na Escola, na que polo menos un día  traballamos soamente con xornais. 
Dende Prensa-escola se nos propoñen sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
2. Estarás informado do que acontece e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importartes.
5. O xornal será o teu mellor libro de texto:distinto cada día.
6. Convertirase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cine, na tele, como vai a Liga... E moitas máis cousas que seguro che intereserán.

Na biblioteca Educalim atopei este libro Lim para traballar a prensa na escola. Paréceme moi interesante polo que traballaremos con el esta semana. Desde a primeira actividade podes acceder aos xornais que queiras de Galicia ou do Mundo na súa versión dixital, proba e verás!!

                     

Ningún comentario: