É para o noso pequeno colexio unha gran honra que unha personalidade das letras coma ela teña a ben vir ao centro e agasallarnos cunha hora do seu tempo.
Fina é unha gran traballadora da palabra, escribe en galego e castelán, traduce, investiga, revisa os seus escritos e ademais ata o ano pasado traballaba como mestra dun instituto pero como veredes a continuación tamén lle picou o vermiño de facer cine. A película é un corto porque dura pouco, moito menos que unha peli normal, e conta unha historia moi tenra da emigración dun fillo e da tristeza da súa nai por telo tan lonxe, Fina fai o papel da persoa que escribe e le as cartas a esta nai analfabeta que se vos fixades é a súa nai: Teresa Fraga.FINA: GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO!!
Dúas letras from evarela on Vimeo.
Déixovos este crebacabezas faciliño coa súa foto:
Ningún comentario:
Publicar un comentario