mércores, 9 de novembro de 2011

Presentación do novo libro de Anxo Fariña

Presentación "A chave da Atlántida"



Anxo Fariña  convídavos a todos á presentación do seu novo libro “A chave da Atlántida” gañador do premio Merlin 2011 e publicado por Edicións Xerais. O acto terá lugar na Casa del libro de Vigo (R/ Velázquez Moreno 27), o día 11 de novembro ás 8:00 da tarde. Espera vervos alí este venres. Haberá algo de comer, de beber, debuxos en directo e algunha sorpresa máis.
Ah! para aqueles que veñan co libro e pidan que llo asine... levaran de agasallo unha ilustración especial de tiraxe limitada! Haberá só unhas poucas, así que xa sabedes!

Este é un avance da historia :)
Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica

Busca na Biblio os seus libros:

Ningún comentario: