luns, 21 de novembro de 2011

25 de Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

Suxestións para tratar nas aulas:

Lecturas para facer na clase, que tratan o tema:
Para os máis pequenos (3 a 6 anos):

"Arturo y Clementina", e "Rosa Caramelo", ámbolos dous de Adela Turín.



Para os medianos do cole (6 a 9 anos):
"Nin un biquiño á forza", editado hai tempo pola Xunta de Galicia,
e "Miña nai é fantástica ", que reivindica un papel da muller activo e sen complexos.
Tamén "Meu pai é estupendo" é un complemento apropiado.


              








      

      Para os maiores (de 9 a 12 anos):
"O libro dos porcos" Editado por Kalandraka, segue sendo moi apropiado para nenos e nenas do terceiro ciclo. As ilustracións son fortes e efectivas.

O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.


Para adultos:
"La cenicienta que no quería comer perdices"
de Nunila Lòpez e Myriam Cameros, que está actualmente nas librerías, con gran éxito de ventas, pero podemos velo na rede:


Ademais, para traballar, temos unha webquest para os mais peques (Infantil e primeiro ciclo) sobre "Rosa Caramelo".Os demais tamén poden animarse, será divertido!!!
A autora é Rocío Cabanillas Magro, do Ceip J.L. Rebollo de Andalucía
E interesante facela con eles, para inicialos nesta ferramenta de traballo.




Aquí temos unha animación do conto "Unha feliz catástrofe" , de Adela Turín, e ilustrado por Nella Bosnia.
        *25 de Novembro: EDUCANDO EN IGUALDADE*


Ningún comentario: