A escritora Ledicia Costas volve despois de catro anos a visitarnos, alumnas que estaban en segundo e que agora están en sexto, puideron traer os seus libros, xa lidos, para seren asinados. Escarlatina, Esmeraldina ,A vida secreta das mulleres planta, pero sobre todo firmou e falou das Peripecias de Estravaganzza, a protagonista dumnha das súas novelas para público destas idades.
As peripecias de Extravaganza foi o libro comentado:
Foi un placer terte connós, volve cando queiras. Moitas grazas!!
O LUNS 25 de febreiro teremos con nós NA BIBLIO CROCAIO á escritora viguesa LEDICIA COSTAS, as aulas de 5º e 6º len e traballan o seu libro As peripecias de Estravaganzza Pérez
Ledicia Costas é unha escritora viguesa licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova.
Coa novela “A balada dos unicornios” gaña o Premio Lazarillo 2017, converténdose na única autora galega en lograr en dúas ocasións este galardón.
Nos últimos anos recibiu importantes recoñecementos, coma o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta. Por ese mesmo libro, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015. Ademais, Escarlatina entrou a formar parte da prestixiosa Lista de Honra do Ibby no Congreso Internacional celebrado en Auckland, Nova Zelanda, no 2016.
O seu libro de relatos sobre a II Guerra Mundial Un animal chamado néboa, recibiu por unanimidade o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2016.
Coa novela de aventuras Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta conseguiu o Premio Lazarillo de creación literaria do 2015, o Premio Fervenzas Literarias á mellor obra de literatura xuvenil do ano 2016 e oPremio ao mello libro do ano na categoría Infantil e Xuvenil, na II Gala do Libro Galego.
A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición.
Nicoletta Ceccoli é unha das súas ilustradoras preferidas, por eso vos deixo este vídeo para que apreciedes o tipo de imaxes que poboan o seu maxín de escritora:
Ambiente de escoita musical e de respecto pola figura de Rosalía de Castro no seu día.
Despois do traballo de aula, xuntámonos para un acto colectivo no que cada curso foi recitando ou cantando o seu poema de homenaxe despois de escoitar a súa biografía narrada polo alumnado de 6º curso.
3 e 4 anos: O Moucho
4º-3º: Negra Sombra
5º:Onde hai homes hai pesares
5 anis:Adios ríos adios fontes
6º: Un repoludo gaiteiro
E coñecemos a lámina de Abi Castillo que nos gustou moito, moito!
Eva, a mamá de Lucas de Infantil de tres anos veunos visitar xa dúas veces para contar dous estupendos contos aos nenos e nenas da aula de infantil. Moitas grazas mami, volve cando queiras!
Animádevos máis mamis, papis, avoas, avós... Sempre seredes ben recibidos, e contaredes cun público excepcional e agradecido, podedes contarnos contos, experiencias, fantasías, ou ler contos da Biblio Crocaio!!
Coincidindo co día das mulleres na ciencia xa podemos disfrutar da lectura do segubdo tomo de Pioneiras.
Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de máis mulleres donas de si; galegas que foron capaces de desviarse do vieiro que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan ás novas xeracións.
As súas ilustradoras merecen unha mención, son Anaïr Rodríguez e Abi Castillo.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. (Preme na foto para saber máis da súa vida e obra)
Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor.
Para a edición de 2019 Ana Romaní é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que será lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, que terá lugar o propio domingo 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Para o ensino , propón que, despois de facer un repaso da figura literaria da Autora, e dalgunhas lecturas
que dean conta da pluralidade significativa da súa obra, para o venres 22 de
febreiro a realización dunha Mani-FESTA-acción simbólica arredor de versos escollidos:
Cad titoría elixe uns versos de Rosalía que recitaremos nun acto na súa homenaxe na Biblio Crocaio
Estas son os poemas que recitaremos por aula e ao rematar, entre todos entonaremos este Maio longo, que nos canta Uxía:
Estes días tivemos obras na Biblio, colocáronnos un doble verntanal nas dúas ventanas polas que xa non entrará nin a chuvia nin o frío e xa puidemos comprobar que se está moito máis quentiño que antes, así que xa non tes excusa para non visitar a Biblio Crocaio!
Dous Gardas Civís do SEPRONA visitan a Biblio Crocaio e ofrecen unha charla ao alumnado de 5º e 6º sobre as infraccións contra o Medio Ambiente e sobre as causas e consecuencias dos incendios:
Charla moi interesante porque vai concienciando sobre os delitos máis frecuentes, e como ademais de perxudicar seriamente ao medio ambiente, os que o cometen sempre teñen a súa sanción.
11 de XANEIRO Día do usuario.
Moitas grazas aos usuarios da nosa Biblio, tamén todos e todas vós tedes un día especial.
O calendario do LIBROe da LECTURA, déixanos as datas especiais que durante este ano 2019 dedicaremos aos libros, as lecturas, aos lectores, ilustradores e autores de libros.
"O 30 deXANEIRO celebramos nos colexios o Día da Paz e a non Violencia co fin de inculcar desde a infancia os valores de paz, tolerancia, respecto, solidaridade, concordia e non violencia. Este día enseña a importancia de convivir en armonía con persoas de distintas culturas, relixións ou cualquera outra condición.
A eleción desta data non é casual, conmemora o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, líder pacifista recoñecido internacionalmente, asasinado por defender a paz e a resistencia non violenta. Como podes celebralo?
E tamén temos moitas lecturas relacionadas co tema na Biblio Crocaio, por exemplo estas:
Fermosas ilustracións que fan desta novela adaptada a banda deseñada unha obra única.
Anne Frank Fonds, doa parte dos beneficios da súa venda a UNICEF, o papel utilizado foi fabricado a partir de madeira procedente de bosques e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais. Por este motivo, Greenpeace acredita que este libro cumple os requisitos ambientais e sociais necesarios para ser considerado un libro «amigo dos bosques».
Trala invasión de Holanda, a familia Frank ocultouse nunha buhardilla . Alí permaneceu desde xuño de 1942 ata agosto de 1944. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testimonio único sobre o horror e a barbarie nazi.
Unha longa viaxe é, o testemuño dunha realidade que millóns de persoas viven cada día e que preferimos esquecer unha e outra vez porque é máis doado vivir entre os noso soños e o noso mundo doado.
Para que botar a ollada tan alá? Por iso sempre son tan importantes estes libros: para nos lembrar unha e outra vez:
Que calquera podería vivir esa mesma situación.
Que debemos tender unha man e non agochala.
Que somos máis xenerosos cos animais que cos nosos conxéneres.
Que o noso egoísmo non ten límites.
Que as fronteiras marcámolas sen necesidade da súa existencia.
Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola. Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego ...Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.
Un libro sinxelo , que usando puntos consigue concienciar sobre a desigualdade no mundo, a inmigración o respecto e a convivencia en paz.