https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/
"O 30 deXANEIRO celebramos nos colexios o Día da Paz e a non Violencia co fin de inculcar desde a infancia os valores de paz, tolerancia, respecto, solidaridade, concordia e non violencia.
Este día enseña a importancia de convivir en armonía con persoas de distintas culturas, relixións ou cualquera outra condición.
A eleción desta data non é casual, conmemora o aniversario da morte de
Mahatma Gandhi, líder pacifista recoñecido internacionalmente, asasinado por defender a paz e a resistencia non violenta. Como podes celebralo?
Mahatma Gandhi, líder pacifista recoñecido internacionalmente, asasinado por defender a paz e a resistencia non violenta. Como podes celebralo?
Tes outras opcións para elexir:
E tamén temos moitas lecturas relacionadas co tema na Biblio Crocaio, por exemplo estas:
Fermosas ilustracións que fan desta novela adaptada a banda deseñada unha obra única.
Anne Frank Fonds, doa parte dos beneficios da súa venda a UNICEF, o papel utilizado foi fabricado a partir de madeira procedente de bosques e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais. Por este motivo, Greenpeace acredita que este libro cumple os requisitos ambientais e sociais necesarios para ser considerado un libro «amigo dos bosques».
Trala invasión de Holanda, a familia Frank ocultouse nunha buhardilla . Alí permaneceu desde xuño de 1942 ata agosto de 1944. Nese lugar e nas máis precarias condicións, Anne, unha nena de trece anos, escribiu o seu estremecedor Diario: un testimonio único sobre o horror e a barbarie nazi.
Unha longa viaxe é, o testemuño dunha realidade que millóns de persoas viven cada día e que preferimos esquecer unha e outra vez porque é máis doado vivir entre os noso soños e o noso mundo doado.
Para que botar a ollada tan alá? Por iso sempre son tan importantes estes libros: para nos lembrar unha e outra vez:
Que calquera podería vivir esa mesma situación.
Que debemos tender unha man e non agochala.
Que somos máis xenerosos cos animais que cos nosos conxéneres.
Que o noso egoísmo non ten límites.
Que as fronteiras marcámolas sen necesidade da súa existencia.
Grazas, Kalandraka.De Trafegando Ronseis
Kati ten unha caixiña chea de bicos doces e un gran sorriso. Cando vai para o colexio, sempre leva algún na súa bolsa do almorzo. A súa nai, ó despedírense, sempre lle dá algún máis. Sabe que é moito tempo o que bota na escola.
Kati regala os seus bicos ós seus amigos: a César cando chora porque a súa nai se marcha para casa; ó guerreante de Diego ...Os bicos de Kati son como palabras máxicas para tódolos seus compañeiros de clase. Tamén a Kati os seus compañeiros danlle bicos cando o necesita. E é que unha manchea de bicos é o mellor para sentirse feliz.
Un libro sinxelo , que usando puntos consigue concienciar sobre a desigualdade no mundo, a inmigración o respecto e a convivencia en paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario