domingo, 24 de febreiro de 2019

Ledicia Costas

O LUNS 25 de febreiro teremos con nós NA BIBLIO CROCAIO á escritora viguesa LEDICIA COSTAS, as aulas de 5º e 6º len e traballan o seu libro As peripecias de Estravaganzza Pérez

Ledicia Costas é unha escritora viguesa licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Empezou a escribir desde moi nova.




Coa novela “A balada dos unicornios” gaña o Premio Lazarillo 2017, converténdose na única autora galega en lograr en dúas ocasións este galardón.

Nos últimos anos recibiu importantes recoñecementos, coma o Premio Merlín de literatura infantil, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta.
Por ese mesmo libro, o Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2015. Ademais, Escarlatina entrou a formar parte da prestixiosa Lista de Honra do Ibby no Congreso Internacional celebrado en Auckland, Nova Zelanda, no 2016.

O seu libro de relatos sobre a II Guerra Mundial Un animal chamado néboa, recibiu por unanimidade o Premio Losada Diéguez de creación literaria 2016. 

Coa novela de aventuras Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta conseguiu o Premio Lazarillo de creación literaria do 2015, o Premio Fervenzas Literarias á mellor obra de literatura xuvenil do ano 2016 e oPremio ao mello libro do ano na categoría Infantil e Xuvenil, na II Gala do Libro Galego.

 A súa primeira novela publicada foi Unha estrela no vento (Edicións Xerais 2000), libro que escribiu cando era unha adolescente e que actualmente vai pola 17ª edición.



Nicoletta Ceccoli é unha das súas ilustradoras preferidas, por eso vos deixo este vídeo para que apreciedes o tipo de imaxes que poboan o seu maxín de escritora: 

Ningún comentario: