Máis sobre SEOANE



Silvestre comezou a súa charla expresando a ilusión que lle fai
coñecer aos seus lectores. Logo foi respondendo as súas preguntas e
comentando detalles interesantes sobre este libro e sobre o oficio de
escribir.
Destacou que prefire historias da vida cotiá,
conflitos que atopamos arredor, que nos permitan aprender algo.
Que o
libro empeza a facerse na súa cabeza moito antes de se sentar a escribir, a
idea prendeu e ata que se puxo a escribir pasaron catro anos pero despois escribiuna en dous meses.
Por último sentouse a asinar os libros.
Moitas grazas Silvestre!!
|
Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño: "Letras galegas 2013"