sábado, 25 de maio de 2013

En Sampaio CONTAMOS TOD@S

Así foi a nosa celebración das Letras Galegas: 
 Agardamos un agradable día de sol e saímos na Hora de ler todas as aulas a contar contos.
2º e 3º Ciclo contaron aos máis pequenos, pero tamén, desta vez, o 1º Ciclo contou o seu conto aos maiores.
 Escolleron na Biblio os contos e preparáronos na aula con antelación, resultou unha Hora de ler diferente , un apadriñamento lector  compartido, e como vedes nas fotos con moito interese tanto no momento de  contar como de escoitar.
Florín de 6º con Elena de 1º :
Sandra de 1º con Diego de 6º curso e Naiara de Infantil 5:
 
Subimos á Biblio e alí, todos xuntos, vimos un pequeno video de Roberto Vidal Bolaño, escoitamos a presentación do 2º ciclo de seu traballo sobre Rosalía de Castro

e vimos na pizarra a súa presentación e recitamos poemas en galego. Pronto poderedes ver a presentación da lectura dos contos na que estamos tod@s.

 

Ningún comentario: