sábado, 11 de maio de 2013

Cartas a Ratón Pérez

Os nenos e nenas do primeiro Ciclo estivemos uns días lendo entre todos este fermoso libro.Gustounos moito e por iso queremos recomendárvolo.

  É un libro de Antonia Ródenas con ilustraciónss de Carme Solé Vendrell de "Sopa de Libros" da editorial Anaya.  

Un gato chamado Manchas Negras non tiña dentes. Como non podía facer moitas cousas  mandoulle tres cartas a Ratón Pérez.

Na primeira  contoulle que non tiña dentes e quería llos puxera Ratón Pérez. Este non contestou porque pensou que era mellor para os ratos que  un gato non tivese sin dentes.

Na segunda Manchas Negras dixo que non podía comer comida, só papiñas.
E na terceira mencionoulle que non podía cantar no coro dos gatos cantores, que era o que máis lle gustaba. A Ratón Pérez  deulle moita tristeza ler estas cartas e decidiu axudarlle.

Se premedes neste ratiño poderedes imprimir moitos debuxos do Ratón Pérez para colorear:


E aquí tedes un xogo do Ratiño para disfrutar nesta fin de semana:

1 comentario:

Quenda de oficio dixo...

Se entrades neste link:

http://www.selehacaidoundiente.com

poderedes encargar unha carta personalizada do Ratiño Pérez en galego ou da Fada dos Dentes.

Ademais a carta vén canda un calendario de dentición + un billete do Ratiño + un gardadentes + consellos do Ratiño Pérez.

Veña, premede no link e sorprendede os vosos peques!