Xa é oficial!!
Palabras de Caramelo / Words of Caramel nominada aos Premios Goya na categoría de Mellor Cortometraxe Documental.
Noraboa a Juan Antonio Moreno Amador e Silvia Venegas!!
E como non ao seu autor Gonzalo Moure, que visitou a Bibliocrocaiono ano 2014. Alegrámonos moito desta nominación , e aínda máis de que esta obriña da literatura infantil e xuvenil se convirta nunha curta cinematográfica.
Se queredes volver a ler ou ler por vez primeira o libro , aquí tedes o pdf coa obra completa, asegúrovos que vos vai gustar moito!
https://issuu.com/makingdoc3/docs/palabras_de_caramelo_dossier
Palabras de Caramelo (Making DOC, 2016) - Tráiler Oficial from Making DOC on Vimeo.
domingo, 18 de decembro de 2016
xoves, 15 de decembro de 2016
Apredemos de CINE!
Hora e media que se quedou curta , foi o tempo de charla do especialista en cine, director, actor e monitor de obradoiros sobre cine:Óscar, dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º cursos.
Comezamos co cine mudo de Buster Keaton.
Sobre esceas deste actor foi contando as distintas profesións que se precisan para facer unha película, coa axuda dos nenos e nenas falounos de perruquería, maquillaxe, efectos especiais, decoradores, cámaras,travelling, músicos, actores e actrices por suposto, e de outros máis descoñecidos e moi importantes como os montadores e os especialistas en esceas peligrosas.
Comezamos moi ben!
Seguimos con cine en branco e negro pero agora xa sonoro: Os Irmáns Marx:
Cómicos xeniais e surrealistas, as súas películas pasaron a formar parte da historia do cine:
-Sopa de ganso
-Una noche en la ópera
-Un día en las carreras
A escea da carreira de cuádrigas da Película BEN -HUR
(gañadora de 11 óscars) foi explicada con detalle: maquillaxe, especialistas, curiosidades...
E tamén, como non, falounos do cine de misterio de Alfred Hitchcock e vimos a secuencia na que os paxaros agardan a saída duns nenos e nenas da escola para atacarlles, os poderosos paxaros poderían cos humanos si realmente quixeran destruírnos.
Impresionounos a película dos paxaros, pero comprendimos que é só CINE! Moitas grazas Óscar pola estupenda charla!
3D para esta curta animada de Pixar que tamén ten de protagonistas aos paxaros:

Aquí tedes unha das esceas inesquecibles de Una noche en la ópera na que podedes apreciar o seu disparatado humor:
A escea da carreira de cuádrigas da Película BEN -HUR
(gañadora de 11 óscars) foi explicada con detalle: maquillaxe, especialistas, curiosidades...
E tamén, como non, falounos do cine de misterio de Alfred Hitchcock e vimos a secuencia na que os paxaros agardan a saída duns nenos e nenas da escola para atacarlles, os poderosos paxaros poderían cos humanos si realmente quixeran destruírnos.
Impresionounos a película dos paxaros, pero comprendimos que é só CINE! Moitas grazas Óscar pola estupenda charla!
3D para esta curta animada de Pixar que tamén ten de protagonistas aos paxaros:
domingo, 4 de decembro de 2016
Novidades!!
Novas lecturas que agardan por vós na BIBLIO CROCAIO
Música Pájaro de fuego de Stravinsky
Música Pájaro de fuego de Stravinsky
sábado, 3 de decembro de 2016
venres, 2 de decembro de 2016
CULTURGAL: Pazo da Cultura de Pontevedra,2,3,4 de decembro.
Arranca esta edición o venres 2 co espectáculo inaugural de SondeSeu Orquestra Folk, que vén da man de Nalgures e con Rosa Cedrón e Orfeón de Treixadura como convidados.
Espazo libro, espazo infantil, sala de exposicións , carpa para actuacións musicais, teatro, audiovisuais...
O sábado A banda dos cueiros, Cousas de papá, Migallas: Canta connosco...
Domingo María Fumaça, obradoiro de xogos educativos, Barriga verde ....
E MOITO MÁIS... Consulta o programa e achégate a Pontevedra:
"O BO TRATO"
DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
Escolma de actividades realizadas :
Información e reflexión sobre a convivencia na escola e na sociedade:
Exposición de libros relacionados co tema:Murais, Lectura e visionado da historia de Arturo e Clementina:
Exposicións dos traballos polos corredores e recunchos:
Videos:
Canción "Rap del buen trato"
xoves, 1 de decembro de 2016
mércores, 30 de novembro de 2016
Hoxe a Bibliocrocaio en Facebook e en Twiter con Ana Celia Vázquez, presentadora do Tempo da Galega
Portada de Facebook:
https://www.facebook.com/otempotvg
https://www.facebook.com/otempotvg
- Alberto Caché. Retwitteó O Tempo TVGUn verdadeiro pracer poder amosar os nosos traballos do tempo a Ana Celia. Moitas grazas pola visita e a clase maxistral.Alberto Caché. agregado,
- #OlaOtempo Volvemos ás aulas do #EduardoPondal de #Vigo para falar das cousas da meteoroloxía co seu alumnado de 4º,5º e 6º de ESO #UnPracer
martes, 22 de novembro de 2016
25 Novembro Día Internacional para a eliminación da violencia contra as Mulleres
A conmemoración deste día ten como obxectivos:
Educar en igualdade como instrumento para previr todo tipo de violencia cara as mulleres, potenciando actitudes de respecto cara o feminino.
Reflexionar sobre todos aqueles mitos que minimizan o problema da violencia de xénero
Vídeo para concienciar da importancia de quererse e aceptarse como cada quen é.
Ensinar a nenas e nenos que a verdadeira beleza é unha actitude e cada quen é
fermosa ou fermoso cando é auténtico.
Reflexionamos sobre o modelo de beleza imposto, e sobre o que nos ensina o documento visual sobre ser unha mesma / un mesmo.
Crocaio recomenda tamén esta fermosa película de 1995 dirixida por Alfonso Cuarón, nominada ao premio Óscar en 1996
Sara é unha pequena mimada que vive comodamente co seu pai , o capitán R.Crew, quen a chama agarimosamente "princesiña". Por mor dun destino fatal a pequena será despoxada dos seus privilexios. "A princesiña" conta unha historia de superación a pesar das dificultades, na que a amizade e a autoestima teñen moita importancia .
Recursos para fomentar a AUTOESTIMA:
http://www.educarueca.org/spip.php?rubrique13
E por último Crocaio remata recomendándovos a divertida historia dunha raíña que ten moito
traballo pero non esquece encher de bicos e agarimos aos máis pequenos.
Pilota a súa propia avioneta ...

¿ALUMNOS? ¡PERSONAS!
Sábado 24 de marzo de 2007 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org
10 recursos educativos para combatir o acoso escolar
Sábado 21 de noviembre de 2015 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org
Dinámica -O NOVELO
Miércoles 30 de noviembre de 2005 por Yolanda jb
Dinámica - ENTREVISTA
de 2006 por Yolanda jb
Dinámica - A FOLLA DE PAPEL
de 2006 por Yolanda jb
Dinámica - OS TRES SALTOS
Sábado 10 de diciembre de 2005 por Yolanda jb
Dinámica - Véndenme
Lunes 29 de octubre de 2007
Me
por Yolanda JB - http://www.educarueca.org
Dinámica - PRACTIQUEMOS A AUTOAFIRMACIÓN
Jueves 23 de marzo de 2006 por Yolanda jb
Dinámica - PERO QUÉ BOX SON!
Sábado 18 de marzo de 2006 por Yolanda jb
EL EFECTO PIGMALION
Domingo 19 de noviembre de 2006 por Yolanda jb
O SÍNDROME DE IMPOTENCIA APRENDIDA.
Lunes 15 de junio de 2009 por Emilio
Listado de cualidades
Martes 15 de diciembre de 2015 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org
E por último Crocaio remata recomendándovos a divertida historia dunha raíña que ten moito
traballo pero non esquece encher de bicos e agarimos aos máis pequenos.
Pilota a súa propia avioneta ...
Podes atopar máis en:
luns, 21 de novembro de 2016
mércores, 16 de novembro de 2016
luns, 14 de novembro de 2016
Taller de lectura!!
Actividade de lectura conxunta na Biblioteca, uns len a outros os seus libros preferidos, practican lectura, escoita, comprensión e expresión e coñecen moitos libros nunha soa sesión!
E preparan, practican na casa a súa lectura.
Utilizan a biblioteca de aula, do centro ou da súa casa e poñen moito empeño en facelo moi ben!
Unha vez ao mes, imos preparando xa a de decembro, será o luns día 12.

sábado, 12 de novembro de 2016
A volta ao mundo en 80 días! Julio Verne
Película superdivertida e moi entretida, baseada na novela de Julio Verne.
Os protagonistas van percorrendo o mundo dando a volta enteira en oitenta días por unha aposta. Gañarán ou perderán esa aposta?
Aproveita o domingo para vela!
Os protagonistas van percorrendo o mundo dando a volta enteira en oitenta días por unha aposta. Gañarán ou perderán esa aposta?
Aproveita o domingo para vela!
Máis pelis na páxina deste blog"Películas":
E tamén na páxina do proxecto:
xoves, 10 de novembro de 2016
mércores, 9 de novembro de 2016
Mañá visitaremos a Biblioteca pública de Vigo "Juan Compañel".
Mañá , os cursos de 4º, 5º e 6º , visitaremos a Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel", que está na Rúa Joaquín Yáñez, no medio do casco vello
de Vigo.
Podes facer unha visita virtual premendo na imaxe:
Podes facer unha visita virtual premendo na imaxe:
Comezamos este curso os Obradoiros de Igualdade para Infantil, 2º, 4º e 6º cursos.
En sexto de primaria, Elsa,
a monitora explicounos como foi a vida da matemática galega María Wonenburguer,
que nacida a comezos do século vinte,
non gozou de iguais oportunidades na súa carreira polo feito de ser muller.
Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego. Esta é a nosa pequena homenaxe.
Para saber máis escoitamos con atención este interesantísimo vídeo sobre María Wonenburguer:
“Camiña Con Nós pola Igualdade” é un programa educativo promovido pola Concellería de
Igualdade do Concello de Vigo. Destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenas e nenos.
O alumnado é moi receptivo; trátase dunha etapa educativa idónea para traballar a igualdade de xénero.
O programa elaborado, e impartido por dúas pedagogas que, ten como base o traballo feito nas edicións anteriores, e dende unha perspectiva de xénero, desenvolven catro obradoiros temáticos
para cada etapa educativa. Neles, a través dunha metodoloxía lúdica e participativa, búscase promover a igualdade entre homes e mulleres.

domingo, 6 de novembro de 2016
DRÁCULA de Bram Stoker, para nenos e nenas.
Novidade:
A editorial Baía ofrece un moi bo álbum ilustrado baseado na novela de Bram Stoker, Drácula, con adaptación de Dominique Marion e ilustracións de Jérémy Fleury.
Con ilustracións que enchen a dobre paxina e que achegan un texto clásico e fantástico a un lectorado máis novo. E o máis importante aínda, que está na nosa lingua.
Un agasallo perfecto!
Sinopsis: O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes extraños. Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...
Concluindo, é un bo libro que sirve para introducir aos nenos e nenas na literatura máis propia dos adultos, en temáticas ou enfoques axenos a eles, e que pode contribuir ao desenvolvemento do seu interese pola lectura no futuro. Ademais disto, as ilustracións están cheas de cores moi vistosos que namoran ata aos máis maiores.
venres, 4 de novembro de 2016
xoves, 27 de outubro de 2016
Chegou o Samaín, para ver e ler!
Unha verdadeira festa coa que disfrutaremos e para participar, Crocaio seleccionou cancións,
libros , pelis e puzzles...Adiante!
Video elaborado pola Biblioteca Mestres Goldar coa canción do grupo Mamá Cabra
Xoga con este Lim de Ana Mª Fernández facendo Clic nas cabazas e aprenderás sobre O Samaín:
LIBROS E PELIS, unha sorpresa en cada imaxe:
Consigue facer este puzzle:
Feliz Samaín!!
luns, 24 de outubro de 2016
mércores, 5 de outubro de 2016
Gran festa da Bibliocrocaio!
Ola amigas e amigos :
O próximo luns día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares!
A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto.
Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é:
Veremos tamén a curtametraxe:

Biblioteca escolar : territorio das artes
Convidando a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a literatura, as artes visuais: cine, cómic, videoxogos...
A BiblioCrocaio xa traballou a pintura , os xogos e a música tradicional, e agora atrevémonos co sétimo arte: O CINE!
Pasaremos todos os cursos pola BIBLIO, recibiremos os carnés de lector, as carpetas e os agasallos, cestas de libros e mochilas viaxeiras, alí, todos xuntos veremos a montaxe que preparamos sobre o libro de Pepe Carreiro: Os Bolechas queren saber como se fai o cinema, que tedes arriba premendo no director de cine e tamén no actor-Bolecha.
Veremos tamén a curtametraxe:
Croaio anímavos a ler para
ser bos críticos e
aprender todo o posible!!
domingo, 2 de outubro de 2016
Minúsculos
Rebuscando na rede cine interesante para o noso proxecto, ademais do cine que podedes ver na páxina: http://crocaiodesampaio.blogspot.com.es/p/proxecto-o-cine.html,
Crocaio atopou este marabilloso documental que forma parte dunha serie:
"Minuscule" de animación francesa de 78 episodos onde insectos e outros invertebrados “animados” son os verdadeiros protagonistas en escenarios reais. Nesta obra de arte consíguese un achegamento ao mundo máis pequeno, ao que casi nunca prestamos atención, a non ser para “pisalos”. Sen diálogos e con zumbidos, vai a gustar a pequenos e maiores.
http://www.luzdeluciernagas.com/category/series-y-documentales-en-valores/

mércores, 28 de setembro de 2016
Pronto celebraremos o Día Das Bibliotecas
Fada da Lectura
(María Rosa Serdio)
Hai algún tempo
que, nesta escola,
está presente
voa que voa.
Vixía andeis,
conta os libros,
mira quen anda
polos pasillos.
Queda sentada
mentras ti entras,
le no teu libro
sin que o saibas.
Anda lixeira
e non ten présa.
Soña contigo,
baila na risa...
Inventa contos,
canta ¡e rapea!
Busca o silencio
na Biblioteca.
Ella é a raiña
de túa cultura.
Ela é a Fada
da Lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)