A editorial Baía ofrece un moi bo álbum ilustrado baseado na novela de Bram Stoker, Drácula, con adaptación de Dominique Marion e ilustracións de Jérémy Fleury.
Con ilustracións que enchen a dobre paxina e que achegan un texto clásico e fantástico a un lectorado máis novo. E o máis importante aínda, que está na nosa lingua.
Un agasallo perfecto!
Sinopsis: O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes extraños. Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...

Ningún comentario:
Publicar un comentario