En sexto de primaria, Elsa,
a monitora explicounos como foi a vida da matemática galega María Wonenburguer,
que nacida a comezos do século vinte,
non gozou de iguais oportunidades na súa carreira polo feito de ser muller.
Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego. Esta é a nosa pequena homenaxe.
Para saber máis escoitamos con atención este interesantísimo vídeo sobre María Wonenburguer:
“Camiña Con Nós pola Igualdade” é un programa educativo promovido pola Concellería de
Igualdade do Concello de Vigo. Destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenas e nenos.
O alumnado é moi receptivo; trátase dunha etapa educativa idónea para traballar a igualdade de xénero.
O programa elaborado, e impartido por dúas pedagogas que, ten como base o traballo feito nas
edicións anteriores, e dende unha perspectiva de xénero, desenvolven catro obradoiros temáticos
para cada etapa
educativa. Neles, a través dunha metodoloxía lúdica e participativa, búscase promover a igualdade entre homes e mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario