A conmemoración deste día ten como obxectivos: Educar en igualdade como instrumento para previr todo tipo de violencia cara as mulleres, potenciando actitudes de respecto cara o feminino. Reflexionar sobre todos aqueles mitos que minimizan o problema da violencia de xénero
Vídeo para concienciar da importancia de quererse e
aceptarse como cada quen é.
Ensinar a nenas e nenos que
a verdadeira beleza é unha actitude e cada quen é fermosa
ou fermoso cando é auténtico.
Reflexionamos sobre o modelo
de beleza imposto, e sobre o que nos ensina o documento
visual sobre ser unha mesma / un mesmo.
Crocaio recomenda tamén esta fermosa película de 1995 dirixida por Alfonso Cuarón, nominada ao premio Óscar en 1996
Sara é unha pequena mimada que vive comodamente co seu pai , o capitán R.Crew, quen a chama agarimosamente "princesiña". Por mor dun destino fatal a pequena será despoxada dos seus privilexios. "A princesiña" conta unha historia de superación a pesar das dificultades, na que a amizade e a autoestima teñen moita importancia .
Martes 15 de diciembre de 2015 por Yolanda JB - http://www.educarueca.org
E por último Crocaio remata recomendándovos a divertida historia dunha raíña que ten moito traballo pero non esquece encher de bicos e agarimos aos máis pequenos.
Actividade de lectura conxunta na Biblioteca, uns len a outros os seus libros preferidos, practican lectura, escoita, comprensión e expresión e coñecen moitos libros nunha soa sesión! E preparan, practican na casa a súa lectura. Utilizan a biblioteca de aula, do centro ou da súa casa e poñen moito empeño en facelo moi ben!
Unha vez ao mes, imos preparando xa a de decembro, será o luns día 12.
Película superdivertida e moi entretida, baseada na novela de Julio Verne. Os protagonistas van percorrendo o mundo dando a volta enteira en oitenta días por unha aposta. Gañarán ou perderán esa aposta? Aproveita o domingo para vela!
Mañá , os cursos de 4º, 5º e 6º , visitaremos a Biblioteca Pública de Vigo "Juan Compañel", que está na Rúa Joaquín Yáñez, no medio do casco vello
de Vigo. Podes facer unha visita virtual premendo na imaxe:
En sexto de primaria, Elsa,
a monitora explicounos como foi a vida da matemática galega María Wonenburguer,
que nacida a comezos do século vinte,
non gozou de iguais oportunidades na súa carreira polo feito de ser muller.
Neste mes de novembro celébrase o Mes da Ciencia en Galego. Esta é a nosa pequena homenaxe.
Para saber máis escoitamos con atención este interesantísimo vídeo sobre María Wonenburguer: “Camiña Con Nós pola Igualdade” é un programa educativo promovido pola Concellería de
Igualdade do Concello de Vigo. Destinado á sensibilización e formación na igualdade de oportunidades de nenas e nenos.
O alumnado é moi receptivo; trátase dunha etapa educativa idónea para traballar a igualdade de xénero.
O programa elaborado, e impartido por dúas pedagogas que, ten como base o traballo feito nas
edicións anteriores, e dende unha perspectiva de xénero, desenvolven catro obradoiros temáticos
para cada etapa
educativa. Neles, a través dunha metodoloxía lúdica e participativa, búscase promover a igualdade entre homes e mulleres.
Aeditorial Baía ofrece un moi bo álbum ilustrado baseado na novela de Bram Stoker,Drácula, con adaptación de Dominique Marion e ilustracións de Jérémy Fleury.
Con ilustracións que enchen a dobre paxina e que achegan un texto clásico e fantástico a un lectorado máis novo. E o máis importante aínda, que está na nosa lingua.
Un agasallo perfecto!
Sinopsis:O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para finalizar a venda dunha mansión en Londres para o conde Drácula. Personaxe inquietante, con costumes extraños. Drácula provoca que o mozo se atope cada vez máis a desgusto, sentíndose prisioneiro da súa maléfica empresa. En Inglaterra, a bela Lucy loita contra o mal misterioso que a corroe pouco a pouco, coa axuda do Dr. Van Helsing, experto en criaturas fantásticas...
Concluindo, é un bo libro que sirve para introducir aos nenos e nenas na literatura máis propia dos adultos, en temáticas ou enfoques axenos a eles, e que pode contribuir ao desenvolvemento do seu interese pola lectura no futuro. Ademais disto, as ilustracións están cheas de cores moi vistosos que namoran ata aos máis maiores.
Ola amigas e amigos : O próximo luns día 24 de outubro celébrase oDía das Bibliotecas Escolares! A Biblio Crocaio, despois de vestirse de gala, vai a celebralo por todo o alto. Este ano o lema escollido dende a Consellería de Cultura e Educación para os centros educativos é:
Biblioteca escolar : territorio das artes
Convidando a explorar fórmulas para espertar nos lectores e lectoras o interese por achegarse ao mundo das artes e poder experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a literatura, as artes visuais: cine, cómic, videoxogos...
A BiblioCrocaio xa traballou a pintura , os xogos e a música tradicional, e agora atrevémonos co sétimo arte: O CINE!
Pasaremos todos os cursos pola BIBLIO, recibiremos os carnés de lector, as carpetas e os agasallos, cestas de libros e mochilas viaxeiras, alí, todos xuntos veremos a montaxe que preparamos sobre o libro de Pepe Carreiro: Os Bolechas queren saber como se fai o cinema, que tedes arriba premendo no director de cine e tamén no actor-Bolecha.
Rebuscando na rede cine interesante para o noso proxecto, ademais do cine que podedes ver na páxina: http://crocaiodesampaio.blogspot.com.es/p/proxecto-o-cine.html, Crocaio atopou este marabilloso documental que forma parte dunha serie: "Minuscule"de animación francesa de 78 episodos onde insectos e outros invertebrados “animados” son os verdadeiros protagonistas en escenarios reais. Nesta obra de arte consíguese un achegamento ao mundo máis pequeno, ao que casi nunca prestamos atención, a non ser para “pisalos”. Sen diálogos e con zumbidos, vai a gustar a pequenos e maiores. http://www.luzdeluciernagas.com/category/series-y-documentales-en-valores/
O escritor Roald Dahl cumpliría hoxe 100 anos.
Desde aquí lembramos títulos como: As bruxas Matilda Charlie e a fábrica de chocolate A marabillosa medicina de Jorge James e o melocotón xigante O xigante bonachón
Case todos levados ao cine e lidos e relidos moitas veces, constatan que aínda segue de plena actualidade.
Libros de lectura que recomendamos e que non poderás deixar de ler ata rematalos porque son super entretidos e interesantes. Sempre o tema da infancia, nenos e nenas protagonistas envoltos en mil e unha aventuras.
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOSa creadora convidada a interpretar o lema anual.
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Crocaio pegou un bo chimpo de ledicia porque a el gústalle moito o cine, e este vai ser o tema do noso Proxecto Documental Integrado deste curso 2016-2017.