SALÓN DE ACTOS DO PAZO DA CULTURA
Público familiar. Entrada libre ata completar cabida
12.00 h
Contacontos. Contos que alimentan
Raquel Queizás (Queliña)
17.30 h
Obradoiro. ÑAMM!!
Babaluva Títeres Títeres con alimentos. De 6 a 14 anos.
18.00 h
Ciclo cine infantil: A conferencia dos animais
Película de animación en versión orixinal. Singular posta
en escena da actriz Iria Pinheiro que dobrará a película
en directo, interpretando as voces de cada personaxe.
18.00 h: Saborear os sons dos libros. Paulo Lameiro
E un pouquiño máis tarde tedes ao contacontos coñecido de todos nós porque viositou a Bibliocrocaio:
O Carballo con Botas
18.30 h
Contará o conto: O pescador de contos e a Xacia Luviñas
Un pescador de contos enriba dun batuxo, unha barca
tradicional do Miño, ensina a nenas e nenos a pescar e
cociñar as historias que viven nos ríos.
domingo, 23 de marzo de 2014
venres, 21 de marzo de 2014
Poesía e primavera
O libro de poesía de X. Neira : Un niño no xardín de Xerais foi o protagonista do día da poesía na Bibliocrocaio. Del é o poema que hoxe percorreu as aulas de todo o cole desde 3 anos ata 6º de primaria aunciando que xa chegou a primavera e que, como si fose un pintor coa súa paleta encheu de cores o val e a montaña.
A primavera
Xa chegou a primavera
rapaciña perfumada
trae luz nova nos ollos
e un sorriso na cara.
Vén no canto dos paxaros
na apoteose das flores
nas raiolas do mencer
e no roibén dos solpores.
A guapa noiva do vento
con el prometeu casar,
levar de madriña a terra,
levar de padriño o mar.
Xa chegou a primavera
pintando o val e a montaña
cunha paleta de cores,
agasallo dunha fada.
X. Neira

OUTROS INTERESANTES LIBROS DE POESÍA
sábado, 15 de marzo de 2014
SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Entre o 14 de marzo e o 5 de abril ten lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva por título "Cociñando libros".
Programación completa en www.salondolibro.org
Para hoxe sábado :
SÁBADO 15 de marzo
11.30 h
De oca a oca e... como porque me toca
Pepa Martín, mariscadora de contos
Contacontos dinámico. Cata de contos coas ferramentas
naturais: os cinco sentidos.
Público familiar
11.30 h
Obradoiro-Show. Planea a túa festa!
Editorial Ouvirmos
Queres ser o anfitrión dunha divertida festa con convites
e pratos deliciosos? Baseado no libro: Menús para festas.
Público familiar. A partir de 6 anos. Prazas limitadas (50)
12.30 h
Cantos animais
Susa Herrera
Novo libro-disco presentado polo cuarteto As comadres,
con Susa Herrera, Merchy Rozas, Teresa Gómez e Lara
Expósito.
AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA
Público familiar. Entrada libre.
17.30 h
De oca a oca e... como porque me toca
Pepa Martín, mariscadora de contos
Público familiar18.00 h
Contacontos. Comendo Contos
Andrea Bayer
Prenderemos os fogóns para cociñar os contos que
farán as delicias de pequenos e grandes.
A partir de 3 anos
18.30 h
Merenda con pan de millo
Migallas Teatro
Baseado no libro-disco Pan de millo, esta actuación
combina cancións e narración oral co proceso de
elaboración do pan de millo como fío conductor.
Achegádevos a Pontevedra! Pasarédelo moi ben!
Para ver actividades de semana da prensa no blog dos peques .

luns, 10 de marzo de 2014
Pronto chega o Dia Internacional do LIBRO INFANTIL
Coma en anos anteriores as diferentes seccións da IBBY difunden a imaxe e o texto conmemorativos do Día Internacional do Libro Infantil, a celebrar o de abril, en memoria de Hans Christian Andersen.
Nesta ocasión, é
Irlanda o país encargado de poñerlle palabra e imaxe a este cartel que
percorre o mundo enteiro lembrando a necesidade de manter viva unha
literatura de calidade destinada a nenos e mozos. O texto "Carta aos nenos do mundo" é da escritora e editora irlandesa Siobhán Parkinson, que
recibiu entre outros premios o Premio Laureante na nög, o Premio de
Literatura Infantil de Irlanda. Pola súa parte, a imaxe do cartel é de Niamh Sharkey, unha ilustradora irlandesa así mesmo merecedora do Premio de Literatura Infantil de Irlanda, entre outros galardóns.
GALIX, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, difunde este material e tamén un concurso de expresión creativa que convoca a OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil),
no que poden participar as nenas e nenos dos centros de ensinanza
primaria e dos dous primeiros cursos de ESO. Este concurso "INVITA A
HANS CRHISTIAN ANDERSEN..." proponlle ás nenas e aos nenos que deseñen
unha postal para invitar a Anderssen a visitar e coñecer o sitio no que
viven, neste caso, Galicia. Pódense consultar as bases AQUÍ. O prazo para a entrega de orixinais remata o 2 de abril e deben enviarse ao domicilio de GALIX (ver nas bases).
venres, 7 de marzo de 2014
ACOSO ESCOLAR.
D. LUIS
LUACES , EXPERTO POLICÍA EN PROBLEMAS DE
SEGURIDAD E CONVIVENCIA, acudiu ao cole
SEGURIDAD E CONVIVENCIA, acudiu ao cole
o día 6 de marzo, para explicar e
comentar aspectos relevantes
ao alumnado de 5º e 6º de primaria sobre o ACOSO ESCOLAR
Contaremos novamente coa súa presencia para unha charla para
PAIS E NAIS do centro sobre ACOSO ESCOLAR o MARTES 25
de MARZO de 2.014, as 16:30 h. na BIBLIOCROCAIO.
PAIS E NAIS do centro sobre ACOSO ESCOLAR o MARTES 25
de MARZO de 2.014, as 16:30 h. na BIBLIOCROCAIO.
Máis información no Blog dos pequenos.
8 de marzo : Día da MULLER
Preme na imaxe para acceder ao xogo de LIM : JUGAMOS CON LOS VALORES.
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo ten elaborado e editado un manual con perspectiva de xénero sobre as distintas conmemoracións escolares oficiais que se celebraran ao longo do curso escolar.
"Datas e datos para lembrar en pé de igualdade... e non esquecer o resto do ano", foi elaborado por profesionais do eido da cultura de igualdade e do ensino. As autoras son: Mercedes Oliveira Malvar, Esther Mato Méndez e Luisa Abad Abad.
Ademais do libro impreso, habilitouse un sitio web www.igualdadevigo.org/datasedatos no que están subidos en liña todos os contidos. Este sitio web dispón de múltiples e variados recursos multimedia: videos, contos, documentos...

Guía moi completa para consultar sen dúbidar:
CROCAIO elexiu para presentarvos:
Tu fantástico y elástico cerebro
de JoAnn Deak, Ph. D. y Sarah Ackerley
Un libro sobre ocerebro. Sí.
Recomendámolo polo seu contido e ilustracións con sentido do humor e con exemplos coeducativos, onde nenos e nenas medran e exercitan a súa cabeza e o seu corpo por igual ;-)

mércores, 5 de marzo de 2014
mércores, 26 de febreiro de 2014
Recitando Poesía galega na Hora de ler
No Día de Rosalía xuntámonos e para recitar todos os poemas que memorizamos ao longo do curso e fixemos esta improvisada gravación de . Adios ríos adios fontes de Rosalía de Castro
Estes días na Biblioteca...
Obradoiro de entroido, para 3º e 4º:
A recuperación os "merdeiros" como personaxe propio do Entroido vigués é unha das actividades para nenos realizadas no Museo Liste de Vigo.
Para nós foi unha actividade ofrecida a escola pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

O venres presentamos os nosos disfraces curso a curso: Infantil serán os pintores Miró e Kandinsky, 1º ciclo serán os arlequíns de Picasso , 2º ciclo Velazquez e as Meninas e o 3º ciclo co pintor galego Seoane e o cadro das mariscadoras farán o seu disfraz.
luns, 24 de febreiro de 2014
domingo, 23 de febreiro de 2014
24 de febreiro Día de Rosalía e comeza a semana do Entroido!
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega,
facilitounos a ligazón á segunda parte do vídeo "Todas
con Rosalía", promovido por esta Asociación para a celebración do Día de Rosalía no centro.
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía nun novo vídeo colectivo no que teñen cabida palabras e músicas de mulleres, nenas, mozas e vellas. Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos e para todos nós, falando dos que aquí e agora sofren, seguindo o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.
As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Marta Dacosta, María Canosa, Concha Blanco, Mercedes Leobalde, Berta Roca, Fina Casalderrey, Isabel Risco, Lorena Souto, Pilar García Negro...
Comeza o entroido, non esquezas, o luns : Unha flor!!

xoves, 20 de febreiro de 2014
Venres 21 Biblioteca Neira Vilas en Vigo. Presenta:
ONCE UPON A TIME: Contacontos en inglés
Once upon a time... Así comezan os contos en inglés, iniciativa da biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Vigo, coa que propoñen aos máis pequenos unha divertida tarde de contos en inglés. Acompañados de Ana Sánchez e María Estévez, achegan a estupendas historias, grazas ás que ademais aprendemos novo vocabulario, tanto en inglés como
en galego. Próxima sesión: venres 21 de febreiro ás 19.00h

E no cole estamos preparando o Día de Rosalía que celebraremos o próximo luns 24, aniversario do seu nacemento. Escoitade a fermosa canción que a cantante galega Uxía canta do seu disco: Rosalía pequeniña
E déixovos o comezo de un dos seus poemas como este inverno non para de chover, xa ela dícía:
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.
Semellando leve gasa
que sotil o vento move
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa,
o que o sol ardente crobe...

domingo, 16 de febreiro de 2014
sábado, 15 de febreiro de 2014
Aprender arte xogando
Entra no xogo do Museo Thysen Bornemisza de Madrid e xoga ao XOGO DAS MIRADAS, poderás aprender moito das obras de arte da súa coleccións permanente, e si entras na súa páxina verás toda a información que desexes.
Aprende agora facendo moitas veces estoutro xogo, ata que non teñas fallos: El Arte y sus lenguajes on PhotoPeach
luns, 10 de febreiro de 2014
sábado, 8 de febreiro de 2014
Coñecemos a Jimmy Liao
Que che parece Pintar a Paz? Le este conto e despois fai o teu debuxo da Paz perfecta . A ver que tal sae!
"Buscando a paz"
A primeira era un lago, un espello perfecto onde se reflectían unhas plácidas montañas que o rodeaban. Sobre estas atopábase un ceo moi azul cons nubes brancas. Tódos os que miraron esta pintura pensaron que esta reflectía a paz perfecta.
A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do que caían raios e tronos. Montaña abaixo parecía retumbar un torrente de auga. Isto non se revelaba para nada pacífico.
Pero cando o Rei observou cuidadosamente, viu trala cascada un delicado arbusto crecendo na fenda dunha rocha. Neste arbusto atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir da auga, estaba sentado placidamente un paxariño no seu niño...
¿Cal credes que foi a pintura gañadora? O Rei escolleu a segunda.
¿Sabedes por que?
"Porque," explicaba o Rei: "Paz non significa estar nun lugar sen ruxidos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que malia estar no medio de todas estas cousas permanezamos acougados dentro do noso corazón. Este é o verdadeiro significado da paz."
Aquí tedes o Slide para ver o conto en imaxes:
Agora imos coñecer a un ilustrador de libros que realiza unhas láminas tan fermosas que reflexan verdadeiramente A PAZ: Jimmy Liao
Os libros de Jimmy Liao mantéñense fideles á mesma esencia da arte, proporcionan aos nenos un coñecemento intuitivo e directo da beleza sinxela, susceptible de ser percibida inmediatamente e que produce nas súas almas unha vibración que lles durará moito tempo.
Mirade si non estas fermosisimas ilustracións:
Jimmy Liao. Esconderse en un rincón del mundo. Barbara Fiore, 2009
Preme na cuberta. Sorprenderáte!
martes, 4 de febreiro de 2014
luns, 3 de febreiro de 2014
Xogos para aprender arte
El falso espejo pintado polo pintor belga René Magritte en 1935 dá paso se premes nel a un xogo de parellas de obras de arte moi entretido e que che servirá para xogar con algúns cadros que aínda non coñeces como "El caballero de la mano en el pecho " do Greco, que este ano está de actualidade porque celébrase o cuarto centenario da súa morte.
Entra e xoga!
Xoga agora con obras de arte que se poden atopar no Museo do Prado en Madrid:
Investiga con "El caso del Ladrón de medianoche", entra no museo....
Busca as diferencias e atopa a falsificación:

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)