ONCE UPON A TIME: Contacontos en inglés
Once upon a time... Así comezan os contos en inglés, iniciativa da biblioteca Neira Vilas en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Vigo, coa que propoñen aos máis pequenos unha divertida tarde de contos en inglés.
Acompañados de Ana Sánchez e María Estévez, achegan a estupendas historias, grazas ás que ademais aprendemos novo vocabulario, tanto en inglés como
en galego.
Próxima sesión: venres 21 de febreiro ás 19.00h
E no cole estamos preparando o Día de Rosalía que celebraremos o próximo luns 24, aniversario do seu nacemento. Escoitade a fermosa canción que a cantante galega Uxía canta do seu disco: Rosalía pequeniña
E déixovos o comezo de un dos seus poemas como este inverno non para de chover, xa ela dícía:
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.
Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.
Semellando leve gasa
que sotil o vento move
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa,
o que o sol ardente crobe...
Ningún comentario:
Publicar un comentario