sábado, 8 de febreiro de 2014

Coñecemos a Jimmy Liao

Que che parece Pintar a Paz? Le este conto e despois fai o teu debuxo da Paz perfecta . A ver que tal sae! 

"Buscando a paz"

Había unha vez un rei que ofreceu un premio ao  artista que puidese pintar a paz perfecta. Moitos os intentaron. O rei observou e admirou todas as pinturas, pero só houbo dúas que lle gustaron e tivo que escoller .
A primeira era un lago, un espello perfecto onde se reflectían unhas plácidas montañas que o rodeaban. Sobre estas atopábase un ceo moi azul cons nubes brancas. Tódos os que miraron esta pintura pensaron que esta reflectía a paz perfecta.

A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do que caían raios e tronos. Montaña abaixo parecía retumbar un torrente de auga. Isto non se revelaba para nada pacífico.

Pero cando o Rei observou cuidadosamente, viu trala cascada un delicado arbusto crecendo na fenda dunha rocha. Neste arbusto atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir da auga, estaba sentado placidamente un paxariño no seu niño...

¿Cal credes que foi a pintura gañadora? O Rei escolleu a segunda.

¿Sabedes por que?

"Porque," explicaba o Rei:  "Paz non significa estar nun lugar sen ruxidos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que malia estar no medio de todas estas cousas permanezamos acougados dentro do noso corazón. Este é o verdadeiro significado da paz."
Aquí tedes o Slide para ver o conto en imaxes:
:http://www.slideshare.net/vivesur/la-paz-perfecta-presentation-771491
Agora imos coñecer a un ilustrador de libros que realiza unhas  láminas tan fermosas que reflexan verdadeiramente  A PAZ: Jimmy Liao
Os libros de Jimmy Liao  mantéñense  fideles á mesma esencia da arte, proporcionan aos nenos un coñecemento intuitivo e directo da beleza sinxela, susceptible de ser percibida inmediatamente e que produce nas súas almas unha vibración que lles durará moito tempo.

Mirade si non  estas fermosisimas ilustracións: 
Jimmy Liao. Esconderse en un rincón del mundo. Barbara Fiore, 2009
esconderse049
esconderse047

esconderse046
noches_estrellada_2
noche_estrellada_3
la noche estrellada_700
la noche estrellada 3_700
noche estrellada 2
Jimmy Liao, La noche estrellada, Barbara Fiore, 2009
Neste libro fai unha homenaxe especial  a Vicent Van Gogh e  a súa obra La noche estrellada.


http://www.vangoghgallery.com/es/pinturas/noche-estrellada.html
  Autor :  Jimmy Liao
Título: No soy perfecta
Preme na cuberta. Sorprenderáte!
http://www.barbara-fiore.es/index.php/catalogo/libros/no_soy_perfecta

Ningún comentario: