xoves, 2 de abril de 2020

Actividades colaborativas para despois da Semana Santa

Ola rapaces e rapazas!
Crocaio está pasando uns días moi especiais porque leva sen verbos moitos días.
Son días distintos para os profes, para os papis e mamis e por suposto para vós.
Pero Crocaio non esqueceu que polo mes de abril, para celebrar o Día do Libro,  pedimos unha actividade relacionada coa lectura e que debedes facer en familia. Este ano, como temos moito máis tempo, Crocaio fai  dúas  propostas:

1-Imos facer un libro solidario cos debuxos de todos os alumnos e alumnas, que reflexe como pasades estes días na casa. 
Con técnica libre, podedes engadir collage, cores chamativas, relevo, papeis de cores, periódico, imaxes recortadas... ou debuxar simplemente algunha actividade que facedes a diario na casa estes días.  
Levarémolos ao cole á volta  e faremos un libro real e outro dixital.
Tamaño folio, colocámolo en horizontal e titulámolo 
# EU QUEDEI NA CASA# MES DO LIBRO#


2-A segunda proposta é unha manualidade baseada nun libro de lectura dixital gratuita que estes días nos ofrecen as editoriais para que leamos na casa.
 Os libros sobre os que podemos facela deberiamos lelos primeiro e despois poñer por algún lado 
# LEMOS NA CASA (TÍTULO) #

*Podedes facelo  dos libros que levastes para ler da Bibliocrocaio.
*Podedes  escoller un  libro que teñades na casa.
*Ou tamén podedes ler  e facer dos libros para ler on line qu están nesta entradas do Blog de Crocaio:

https://crocaiodesampaio.blogspot.com/2020/03/libros-de-xerais-para-ler-na-casa.html
http://crocaiodesampaio.blogspot.com/2020/03/lecturas-para-estes-dias.html
https://crocaiodesampaio.blogspot.com/2020/04/mais-titulos-para-ler-gratis-desde-casa.html
*Ou destes outros que vos suxerimos:

CONTOS Para estes días :
  A Superavoa de Antón de  Meu Rei

https://radioliverdade.wordpress.com/2020/03/29/a-superavoa-de-anton/:



SACAPENAS de Anthony Brownw. Kalandraka
https://aulasgalegas.org/sacapenas-ou-facer-desaparecer-os-medos/






A TOUPIÑA  de Kalandraka





Unha revista : O Papagaio
                                                 
Máis Papagaios:

https://www.flipsnack.com/opapagaio/papagaio3-ano2.html

https://www.flipsnack.com/opapagaio/papagaio4-ano2.html



 MOITAS IDEAS:
http://www.clubpequeslectores.com/2017/02/cuentos-imprescindibles-manualidades.html









                           AS LECTURAS, QUE NOS AXUDAN A PASAR MELLOR ESTES DÍAS!


Se vos presta compartide  unha foto lendo estes días no mail: ceipeduardopondal@gmail.com
Iremos publicando as fotos que nos vaian chegando baixo o título
                           #EU LEO NA CASA#

Pasádeo o mellor posible estes días!!



Ningún comentario:

A taste of the moon

"Facía moito tempo que os animais desexaban saber a que sabía a lúa. Sería doce ou salgada? Tan só querían probar un pedaciño..." ...